Leopoldo de Luis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLeopoldo de Luis

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Leopoldo Urrutia de Luis Editar o valor em Wikidata
11 de maio de 1918 Editar o valor em Wikidata
Córdoba, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de novembro de 2005 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaValladolid
Madrid Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía e crítica literaria Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , poeta , crítico literario Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioLeopoldo de Luis Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJorge Urrutia Editar o valor em Wikidata
PaiAlejandro Urrutia Cabezón Editar o valor em Wikidata
IrmánsFrancisco Umbral Editar o valor em Wikidata
ParentesMaría Teresa Gallego Urrutia (en) Traducir (sobriña) Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 117512 Find a Grave: 12443630 Editar o valor em Wikidata

Leopoldo Urrutia de Luis, máis coñecido como Leopoldo de Luis, nado en Córdoba o 11 de maio de 1918 e finado en Madrid o 20 de novembro de 2005, foi un poeta e crítico español.[1] Foi pai do tamén poeta, profesor e ensaísta Jorge Urrutia e tío da tradutora María Teresa Gallego Urrutia. O seu pai tivo un fillo ilexítimo, o escritor Francisco Umbral.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Naceu en Córdoba o 11 de maio de 1918. Fillo de Alejandro Urrutia Cabezón (un cordobés nado na Coruña, avogado e intelectual do grupo modernista, poeta, republicano e amigo entre outros de Julio Romero de Torres) e de Vicenta Luís Cea, con cuxo apelido asinou a súa poesía tras a Guerra Civil por ser Urrutia un apelido non grato para os sublevados vencedores. Ao ano de nacer, a súa familia trasladouse a Valladolid, onde o futuro poeta viviu até os 17 anos, cando marchou a Madrid para acabar o bacharelato no Liceo Francés, vivindo na sección de menores da Residencia de Estudantes. A ruína familiar obrigouno a traballar, mentres empezaba uns nunca concluídos estudos de letras, nun posto burocrático da empresa privada.[2]

Guerra civil[editar | editar a fonte]

Ao estalar a Guerra Civil, alistouse no Batallón Pasionaria do Quinto Rexemento do exército republicano e profundou a súa amizade con Miguel Hernández, a quen coñecera xa en 1935, así como a Germán Bleiberg, a Rafael Múgica (daquela Gabriel Celaya) e a outros. Tamén tratou a León Felipe. En 1937 colaborou en Nuestra Bandera de Alacant e na Hoja del Lunes de Madrid, e publicou un pequeno libro que antologaba poemas seus de guerra xunto a algúns de Miguel Hernández e doutro poeta combatente, Gabriel Baldrich. En 1938 apareceu o libro Romance sempre co seu nome real, Leopoldo Urrutia. Con todo, debe considerarse o seu primeiro libro a obra titulada Alba del hijo, editada en 1946 co apelido materno (Luís), que adoptou para evitar represalias dos vencedores. Terminada a guerra como capitán do estado maior do xeneral Escobar, na fronte de Estremadura, pasou pola catividade na posguerra (praza de touros de Cidade Real e penal de Ocaña), así como polos batallóns de traballadores do Franquismo no Campo de Xibraltar; así estivo entre 1939 e 1940, en que foi liberado.[3]

Posguerra[editar | editar a fonte]

Recuperado o seu traballo nunha compañía de seguros, da que ao fin da súa vida laboral chegou a ser director, comezou a publicar poemas en revistas como Garcilaso e Espadaña, pero tamén en Cántico de Córdoba. A maioría das revistas poéticas da época e outras máis amplas como Papeles de son Armadans ou Revista de Occidente acolleron as súas colaboracións asiduas. Por entón consolidou a súa longa amizade de corenta anos con Vicente Aleixandre. Como crítico foi asiduo especialmente das revistas Ínsula e Poesía Española de Madrid, ademais das xa citadas. Escribiu máis de trinta libros de poesía, entre os que destacan especialmente Teatro real (1957) e o seu moi galardoado Igual que guantes grises (1979), que obtivo o Premio Nacional de Literatura; o diario El País entendeu que premiar a de Luís en poesía e a Fernández Santos, en novela, significaba xa que o cambio político chegara á cultura ese ano. A súa poesía, sempre influída polo existencialismo, foi facéndose cada vez máis filosófica até o seu último libro, Cuaderno de San Bernardo, que toma o seu nome da rúa madrileña onde estaba situado o sanatorio no que morreu a súa muller.

Tamén é autor de biografías, como as dedicadas a Antonio Machado e o seu gran amigo Vicente Aleixandre, e distintos estudos críticos sobre Miguel Hernández ou autores da Xeración do 98, a Xeración do 27, a Xeración do 36 e os seus coetáneos. Foi moi importante a súa antoloxía da poesía social española contemporánea.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Está considerado como un dos principais representantes da poesía da posguerra española. En febreiro de 1988 recibiu unha homenaxe dos seus amigos, polos seus 40 anos de labor literario. No ano 2004 foi nomeado Fillo Predilecto de Andalucía e concedéuselle a Medalla de Ouro de Córdoba, a súa cidade natal, despois de obter o Premio Nacional das Letras Españolas e outros recoñecementos á totalidade da súa obra, como a medalla de ouro do Círculo de Belas Artes, de Madrid. O concello de Madrid, para lembralo, puxo unha placa na fachada da casa onde viviu (na rúa Pamplona), deu o seu nome a unha praza próxima e dedicoulle un pequeno monumento nos xardíns da biblioteca Vázquez Montalbán. A súa biblioteca constitúe hoxe o "Fondo Leopoldo de Luís" da biblioteca de Humanidades da Universidade Carlos III de Madrid (campus de Xetafe). O Instituto Cervantes dedicoulle unha exposición na súa sede central ao ano 2018.

Empezou escribindo unha poesía da condición humana, de forte contido existencialista (leu profundamente a Jean Paul Sartre e a Albert Camus) e social; ao longo da súa obra foise afirmando unha aguda conciencia do tempo e a morte e unha posición esencialmente humanista.

O barrio de Tetuán de Madrid, celebra na súa honra o Certame literario "Leopoldo de Luís" desde 2009.[4]

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Alba del hijo (1946). Mensajes.
  • Huésped de un tiempo sombrío (1948). San Sebastián: Norte.
  • Los imposibles pájaros (1949). Madrid: Col. Adonais.
  • Los horizontes (1951). Las Palmas de Gran Canaria: Planas de poesía.
  • Elegía en otoño (1952). Madrid: Nebli.
  • El árbol y otros poemas (1954). Santander: Tito hombre.
  • El padre (1954). Melilla: Mirto y laurel.
  • El extraño (1955). Madrid: Ágora.
  • Teatro real (1957). Madrid: Col. Adonais.
  • Juego limpio (1961). Madrid: Taurus.
  • La luz a nuestro lado (1964). Barcelona: Col. El Bardo.
  • Aquella primavera (1967). Málaga: Librería Anticuaria El Guadalhorce.
  • Poesía (1946-1968) (1968). Barcelona: Plaza y Janés.
  • Con los cinco sentidos (1970). Zaragoza: Javalambre.
  • De aquí no se va nadie (1971). Valencia: Ayuntamiento de Gandía (Premio Ausias March).
  • Poesía (1946-1974) (1975). Barcelona: Plaza y Janés.
  • Igual que guantes grises (1979). Sevilla: Ángaro. (Premio Nacional de Literatura).
  • Entre cañones me miro (1981). Madrid: Ayuntamiento (Premio Francisco de Quevedo).
  • Una muchacha mueve la cortina (1983). Rota: Fundac. Ruiz-Mateos.
  • Del temor y de la miseria (1985). Madrid: Orígenes.
  • Viaje a la casa cerrada (1987). Málaga: Librería Anticuaria El Guadalhorce (edición non venal).
  • La sencillez de las fábulas (1989). Guadalajara: Deputación.
  • Los caminos cortados (1989). Antoloxía. Barcelona: Plaza y Janés.
  • Reformatorio de adultos (1990). Madrid: Torremozas.
  • Aquí se está llamando (1992). Huelva: Deputación Provincial.
  • Despedida de San Roque (1994). San Roque: Ayuntamiento.
  • El viejo llamador (1996). Málaga: Rafael Inglada.
  • O poesía de Posguerra (1997).
  • En las ruinas del cielo de los dioses. Antología 1946-1998 (1998). Madrid: Hiperión.
  • Generación del 98 (2000). I Premio de Poesía Pablo Menassa de Lucía. Editorial Grupo Cero (1999).
  • Elegía con rosas en Bavaria y otros poemas (2000). Almería.
  • El portarretratos (2000). Córdoba: Cajasur.
  • Cuaderno de San Bernardo (2003). Madrid: Ediciones Vitruvio. Premio Paul Beckett de poesía.
  • Obra poética (1946-2003) (2003). Madrid: Visor.
  • En resumen. Antología poética (1946-2005) (2007). Sevilla: Fundación José Manuel Lara (col. Vandalia).
  • Respirar por la herida (póstumo) (2012). Valladolid: Fundación Jorge Guillén.
  • Libre voz. Antología poética (1941-2005) (2019). Edición de Sergio Arlandis. Madrid: Cátedra, Colección Letras Hispánicas.

Crítica[editar | editar a fonte]

  • Poesía española religiosa contemporánea (1969). Madrid: Alfaguara / Santillana.
  • La poesía aprendida: poetas españoles contemporáneos (1975). Valencia: Bello. ISBN 84-212-0075-5.
  • Vida y obra de Vicente Aleixandre (1978). Pozuelo de Alarcón: Espasa-Calpe. ISBN 84-239-2031-3.
  • Carmen Conde (1982). Madrid: Ministerio de Cultura, Dirección General de Promoción del Libro y la Cinematografía.
  • Una muchacha mueve la cortina (1983). Rota: Fundación Alcalde Zoilo Ruiz-Mateos. ISBN 84-7030-803-3.
  • Aproximaciones a la vida y la obra de León Felipe (1984). Madrid: Instituto de España. ISBN 84-85559-36-3.
  • Gonzalo Morenas de Tejada. Un modernista olvidado: 1890-1928 (1986). Madrid: Asociación de Escritores y Artistas Españoles. ISBN 84-398-7114-7.
  • Antonio Machado, ejemplo y lección (1988). Madrid: Fundación Banco Exterior. ISBN 84-86884-52-7.Aproximaciones a la obra de Miguel Hernández (1994). Madrid: Libertarias-Prodhufi. ISBN 84-7954-407-4.
  • Los pájaros en Aleixandre (1993). Huelva: Deputación Provincial de Huelva. ISBN 84-86842-91-3.
  • Poesía social española contemporánea, antología (1939-1968) (2000). Madrid: Biblioteca Nueva. ISBN 84-7030-803-3.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. andres. "Biografía de Leopoldo de Luis". Premio Leopoldo de Luis (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2023. Consultado o 2023-11-03. 
  2. "Leopoldo Urrutia de Luis Real Academia de la Historia". dbe.rah.es. Consultado o 2023-11-03. 
  3. Cervantes, CVC Centro Virtual. "CVC. Leopoldo de Luis: poeta en un tiempo sombrío.". cvc.cervantes.es (en castelán). Consultado o 2023-11-03. 
  4. Álvarez de la Morena, David (2009-07-01). "Éxito del I Certamen Literario “Leopoldo de Luis”" (en castelán). Consultado o 2023-04-11.