Leeds United F.C.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Leeds United
Leeds2.jpg
NomeLeeds United Association Football Club
Alcume(s)The Whites
Fundación1919
EstadioElland Road,
Leeds, Inglaterra
Inauguración1904
Capacidade39.460
PresidenteBahrain Salah Nooruddin
AdestradorFlag of Argentina.svg Marcelo Bielsa
LigaThe Championship
2013–1415º
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra
Terceira

O Leeds United Association Football Club é un club de fútbol de Inglaterra (Reino Unido), da cidade de Leeds en West Yorkshire. Foi fundado en 1919 e xoga na Football League Championship.

Historia[editar | editar a fonte]

O Leeds United FC foi fundado en 1904. O seu primeiro nome foi Leeds City FC.

Na tempada 1968-69 consegue o seu primeiro campionato da Football League First Division inglesa. Repetiron na tempada 1973-74.

Na tempada 1974-75, chegou á final da Liga de Campións da UEFA, perdendo nesta contra o Bayern de Múnic por 2 a 0, nun partido disputado en París.

O último gran éxito do Leeds United na primeira división de fútbol inglés remóntase á tempada 1991-92 na que se proclamou campión inglés con 67 puntos, seguido do Sheffield. O equipo estaba integrado por xogadores como Éric Cantona ou Gordon Strachan e o adestrador era Howard Wilkinson.

Pero non foi ata a tempada 2000/2001 cando o Leeds alcanzou o seu máximo esplendor en Europa; nun equipo formado por xogadores como Rio Ferdinand, Jonathan Woodgate, Ian Farte, Robbie Keane, Alan Smith, Mark Viduka ou Harry Kewell e sendo adestrado por David O'Leary. Na primeira rolda da Champions League atopáronse con equipos co AC Milan, FC Barcelona e Besiktas, pasando de rolda xunto cos rossoneri. A segunda fase deparou máis equipos complicados, atopándose con Real Madrid, Lazio e RSC Anderlecht, pasando xunto co equipo español aos cuartos de final onde lle esperaba o Deportivo da Coruña, partido que o Leeds sentenciou cun contundente 3-0 na ida. As semifinais enfrontaron ao Leeds co Valencia CF de Héctor Cuper, que logo dun partido igualado na ida en Elland Road sentenciou na volta cun 3-0 con goles de Juan Sánchez e Gaizka Mendieta apeando ao Leeds de xogar a final da Champions League. Os xogadores do Leeds con motivo deste último partido rapáronse todos o pelo da cabeza para enfrontarse ao rival. As dúas tempadas seguintes seguiron disputando competición europea, aínda que esta vez era a Copa da UEFA onde non conseguiron pasar de oitavos de final ningún dos dous anos.

A tempada 2003/2004 consumouse o descenso do Leeds á Championship logo de dúas malas tempadas nas que o equipo cambiou dúas veces de adestrador (Terry Venables e Peter Reid) e tras unha derrota ante o Bolton a dúas xornadas para o final da tempada que deixaba o descenso practicamente consumado. En 2004 o club tivo que vender o seu estadio e logrou sobrevivir grazas a un consorcio de empresarios locais.

Logo de tres tempadas na Championship, na tempada 2006/2007 e debido a que debía 35 millóns de libras foi posto baixo administración xudicial e coa consecuente retirada de puntos descendido á terceira división do fútbol inglés.

O 8 de maio de 2010, o Leeds United logra o ascenso á Championship tras vencer ao Bristol Rovers en Elland Road.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta, pantalón e medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta e pantalón amarelos e medias azuis.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro 2010/11[editar | editar a fonte]

Actualizado a 28 de marzo de 2010.

Posto País Xogador
1 POR Dinamarca Casper Ankergren
2 DEF Inglaterra Jason Crowe
3 DEF Australia Patrick Kisnorbo
4 MED Flag of Ireland.svg Michael Doyle
5 DEF Flag of Angola.svg Rui Marques
6 DEF Inglaterra Richard Naylor (capitán)
7 DIA Escocia Paul Dickov
8 MED Australia Neil Kilkenny
9 DIA Inglaterra Jermaine Beckford
10 DIA Flag of Argentina.svg Luciano Becchio
12 POR Inglaterra Shane Higgs
13 DIA Flag of the United States.svg Mike Grella
14 MED Inglaterra Jonathan Howson
15 DIA Inglaterra Gary McSheffrey
16 MED Inglaterra Bradley Johnson
Posto País Xogador
17 DEF Eslovaquia Ľubomír Michalík
19 DEF Inglaterra Ben Parker
20 DIA Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg Trésor Kandol
21 DEF Australia Shane Lowry
22 MED Inglaterra Andy Hughes
23 MED Escocia Robert Snodgrass
24 DEF Escocia Neill Collins
25 POR Escocia Alan Martin
26 DEF Inglaterra Leigh Bromby
28 MED Flag of Ireland.svg Max Gradel
30 MED Inglaterra Will Hatfield
32 DEF Inglaterra Aidan White
34 POR Inglaterra Ryan Jones
POR Dinamarca Kasper Schmeichel
35 MED Inglaterra Sanchez Watt

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Torneos internacionais[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]