Opinións dun pallaso
| Opinións dun pallaso | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Título
Ansichten eines Clowns
ʹAqāyid-i yak dalqak Zwierzenia klowna Som en klovn ser det Ar klauna acim Pogledite na eden klovn Opinions d'un pallasso Opiniile unui clovn En clowns åsikter Klovnovi pogledi Glazami klouna Zwierzenia klowna Gledišta jednog klauna Mišljenja jednog klovna Opiniones de un payaso Opinioni di un clown Egy bohóc nézetei Klaunovy názory En clowns opgør Pailazo baten aburuak Me syrin e një klouni Vazgledite na edin kloun Trúðurinn Meningen van een clown Erään klovnin mietteitä Klounis t'valt'axedva The clown Opinións dun pallaso La grimace Palyaço | |||||
|
Instancia de
| |||||
|
Forma artística
| |||||
|
Lingua
| |||||
| Autoría | |||||
|
Autor/a
| |||||
| Temática | |||||
|
Tema principal
| |||||
|
Ambientado en
| |||||
|
Época ambientación
| |||||
|
Representa a
| |||||
|
Personaxes
| |||||
|
Obra derivada
| |||||
| Publicación | |||||
|
Data de publicación
| |||||
|
Editorial
| |||||
|
Edicións
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Wikidata | |||||
Opinións dun pallaso é unha novela do escritor alemán Heinrich Böll, Premio Nobel de Literatura en 1972, publicada en 1963, na editorial Kiepenheuer & Witsch, radicada na cidade alemá de Colonia.
A novela foi editada en galego por primeira vez en 1994, na editorial Tambre, con tradución de Laureano Araujo. En 2018 a editorial Rinoceronte levou a cabo unha reedición, coa mesma tradución.[1]
Trama
[editar | editar a fonte]O narrador da novela é o protagonista, Hans Schnier, un pallaso profesional de 27 anos. Hans está en horas baixas: foi abandonado por Marie, a súa moza, e as súas actuacións cada vez renden menos cartos. Ademais, está enfrontado aos seus pais.
A novela ambiéntase na Alemaña occidental de mediados dos anos cincuenta. Contén fortes críticas á sociedade alemá do tempo[2], en especial as que se refiren ao pasado nazi da elite. Tamén hai críticas furibundas contra a Igrexa católica alemá, que o autor coñecía ben porque fora educado no seo dunha familia de fortes raíces católicas.
A novela está adicada á súa muller, a tradutora Annemarie Böll (nada Annemarie Čech), a quen coñeceu en 1942 e coa que tivo dous fillos.
Estilo
[editar | editar a fonte]A novela está dividida en 25 capítulos. Son capítulos relativamente breves, agás o 7 e o 15, de moita maior extensión que o resto.
Desde o punto de vista do estilo, os trazos máis acusados da novela son o humor e o uso frecuente de digresións.
O humor baséase no recurso constante á esaxeración grotesca dos trazos dos personaxes e das situacións que viven. Un exemplo moi evidente é a agre conversa telefónica que o protagonista mantén coa súa nai no capítulo 5. Pola súa parte, as digresións deteñen constantemente a acción da novela e retrotráena a distintos momentos da Alemaña dos anos trinta, corenta e principios dos cincuenta. Un exemplo destas digresións está no capítulo 4, cando o protagonista detalla as circunstancias que rodearon a morte da súa irmá Henriette en 1944, durante a segunda guerra mundial.
A pesar do ton sarcástico e acedo do conxunto da novela, non está exenta de momentos líricos, como as evocacións que o protagonista fai da súa relación con Marie.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rinoceronte Editora (17/04/2018). Opinións dun pallaso (mostra).
- ↑ Cada día un libro (19/06/2018). "Opinións dun pallaso", de Heinrich Böll (CRTVG).