Lars von Trier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lars von Trier
Nome completoLars Trier
Nacemento30 de abril de 1956
Lugar de nacementoKongens Lyngby
NacionalidadeDinamarca
Relixiónateísmo
Alma máterNational Film School of Denmark
Ocupacióndirector de cinema, guionista, produtor de cinema, director de fotografía e realizador
PaiFritz Michael Hartmann
CónxuxeCæcilia Holbek Trier
Coñecido porBreaking the Waves, Europa, O Reino, Dancer in the Dark, Dogville e Manderlay
PremiosCavaleiro da Ordem do Dannebrog, Konrad Wolf Prize, Danish Dramatics' Honorary Award, Allen Award, Prêmio Sonning, Prémio do Cinema Europeu de melhor filme, European Film Academy Critics Award, Prémio do Cinema Europeu de melhor filme, European Film Award - People's Choice Award for Best Director, European Film Academy Achievement in World Cinema Award, Prémio do Cinema Europeu de melhor filme, Statens Kunstfonds hædersydelse, Prêmio do Júri do Festival de Cannes, Grand Prix, Palma de Ouro, César de melhor filme estrangeiro, Premio Goya á mellor película europea, Ordem de Dannebrog e Kjeld Abell Prize
Na rede
IMDB: nm0001885 Allocine: 656 Allmovie: p118403 TCM: 199921
Musicbrainz: af7c8496-c6d4-49e9-aa28-30d134524a84 Discogs: 670193 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Lars von Trier, nado co nome de Lars Trier en Copenhague o 30 de abril de 1956, é un director de cine dinamarqués, un dos creadores do movemento Dogma 95. Salienta sobre todo pola súa forte personalidade creativa e é considerado un dos directores máis innovadores e multidisciplinares do cine actual, a pesar da controversia dalgunhas das súas obras.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na escola de cine de Copenhaguen. En 1981 e 1982, aínda como estudante, gañou varios premios no Festival de Cine de Múnic. A súa primeira película foi The Element of Crime (1984), que acadou un premio polo seu logro técnico no Festival de Cine de Cannes. Esta película é a primeira da triloxía europea, continuada por Epidemic (1987) e Europa (1991), unha comedia negra localizada en Alemaña na posguerra da segunda guerra mundial.

Fundou xunto a Thomas Vinterberg o movemento Dogma 95, valorando retomar historias máis cribles na industria do cinema, afastándose dos efectos especiais e facendo un uso técnico mínimo.

Perfil polémico[editar | editar a fonte]

En 2010, no Festival de Cannes, autoproclamouse o mellor realizador de cinema do momento. Un ano despois, o 19 de maio de 2011, o Festival de Cannes declarou o cineasta persona non grata, coa conseguinte expulsión do festival.

A polémica desatouse tras uns comentarios vertidos por Trier:

"Comprendo a Hitler. Creo que fixo algunhas cousas mal, si absolutamente [...] Non é o que se diría un bo tipo, pero enténdoo bastante e simpatizo un pouco con el [...] Vale, son nazi".

As declaracións fíxoas á mañá e esa mesma tarde emitiu un comunicado público no que pedía desculpas:

"Se ferín a alguén coas miñas palabras esta mañá na rolda de prensa, pido desculpas sinceras [...] Non son antisemita, nin teño prexuízos raciais de ningún tipo, nin son nazi".

Ó día seguinte foi expulsado do festival.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biografía de Lars von Trier". Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2009. Consultado o 29 de outubro de 2015.