Saltar ao contido

Festival Internacional de Cinema de Cannes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Festival de Cine de Cannes»)
Festival Internacional de Cinema de Cannes
Logo
AcrónimoCannes
Tipofestival anual de cinema e evento
Data de fundación1946
Fundador(es)Jean Zay
PaísFrancia
43°33′03″N 7°01′05″L / 43.550833333333, 7.0180555555556
Na rede
https://www.festival-cannes.com
IMDB: ev0000147 Facebook: festivaldecannes Twitter: Festival_Cannes Instagram: festivaldecannes Tumblr: festivaldecannesofficiel LinkedIn: festival-de-cannes Youtube: UC-PTqxIdpslwlcaj_0dpKQA TikTok: festivaldecannes Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Festival de Cinema de Cannes é un prestixioso festival de cinema internacional que se celebrou por primeira vez do 20 de setembro ó 5 de outubro de 1946 na cidade costeira de Cannes, ó sur de Francia. Desde entón celebrouse practicamente cada ano (polo xeral en maio), agás algunhas excepcións, no Palais des Festivals et des Congrès.[1]

O Festival adoita lograr a máxima atención por parte dos medios de comunicación, e moitas estrelas do cinema asisten ás diferentes proxeccións de películas que acolle.

En Cannes entrégase un prestixioso premio coñecido como Palma de Ouro que concede un prestixioso xurado internacional composto por profesionais do mundo do cinema. En ocasións, varias películas comparten o galardón nun mesmo ano.

O festival de Cannes é un festival de categoría "A" acreditado pola Federación Internacional de Asociacións de Produtores Cinematográficos (FIAPF) xunto cos festivais de Berlín, Venecia, Donostia, Mar do Prata ou Karlovy Vary entre moitos outros (ver o enlace á FIAPF para a lista completa).

A orixe do festival provén da necesidade de concibir unha alternativa ó Venecia que nese momento estaba baixo influencia fascista. O festival celébrase por primeira vez en 1946 e só se suspendeu dúas veces, en 1948 e 1950 debido á falta de fondos.

En 1950 créase a Palma de Ouro, trofeo que substitúe ó Gran Premio.

En 1982 inaugúrase o Palacio de Festivais e Congresos de Cannes, edificio que se constrúe onde estaba o antigo casino municipal. Hoxe conta con 25.000 m² de espazo de exhibición e 26 salas e auditorios.

  • Longametraxes da sección oficial:
    • A Palma de Ouro (Palme d'or) ó mellor filme.
    • O 'Grand Prix para a película que manifesta a maior orixinalidade.
    • O Premio de interpretación feminina (Prix d'interprétation féminine) á mellor actriz.
    • O Premio de interpretación masculina (Prix d'interprétation masculine) ó mellor actor.
    • O Premio de adaptación (Prix de la mise en scène) ó mellor director.
    • O 'Premio do Xurado (Prix du jury)
  • Curtametraxes en sección oficial:
    • A Palma de ouro de curtametraxe (Palme d'or du court métrage) á mellor curtametraxe
    • O Premio do Xurado (Prix du jury du court métrage)
  • Selección oficial (competición e Un certain regard), a Quincena dos directores e a Semana da crítica:
    • A Cámara de ouro (Caméra d'or) ó mellor primeiro filme do conxunto das seccións.
  1. palaisdesfestivals.com (ed.). "Presentation of the Palais". Consultado o 31 de maio de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]