Europa (filme)
Aparencia
| Europa | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||
Europa é un filme do ano 1991 dirixido por Lars von Trier. É a terceira película teatral deste director e a última da súa triloxía europea, despois de Forbrydelsens element (1984) e Epidemic (1987). En América do Norte o filme foi renomeado como Zentropa para evitar confusións con Europa Europa (1990) de Agnieszka Holland. Está influída pola novela de Franz Kafka Amerika.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Despois da segunda guerra mundial, Leo Kessler, un mozo estadounidense de orixe alemá, trasládase a Alemaña para traballar co seu tío nunha empresa de trens. O seu traballo permitiralle viaxar, fascinado, por un país destruído pola guerra; pero tamén terá que enfrontarse paseniñanmente aos horrores do holocausto nazi.[1]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jean-Marc Barr como Leopold Kessler
- Barbara Sukowa como Katharina Hartmann
- Udo Kier como Lawrence Hartmann
- Ernst-Hugo Järegård como Uncle Kessler
- Henning Jensen como Siggy
- Erik Mørk como Pater
- Eddie Constantine como Colonel Harris
- Max von Sydow como Narrador
- Jørgen Reenberg como Max Hartmann
- Benny Poulsen como Steleman
- Erno Müller como Seifert
- Dietrich Kuhlbrodt como Inspector
- Michael Phillip Simpson como Robins
- Holger Perfort como Mr. Ravenstein
- Anne Werner Thomsen como Mrs. Ravenstein
- Lars von Trier como Xudeu
- Baard Owe como Home con papeis
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 1991: Festival de Cannes: Premio do Xurado (ex aequo), Gran Premio Técnico
- 1991: Festival de Sitges: Mellor filme, mellor fotografía
- 1992: Un nomeamento nos Premios do Cinema Europeo, mellor actriz (Barbara Sukowa)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Europa (1991)". FilmAffinity (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Europa en FilmAffinity (en castelán)
- Zentropa (Europa) en Rotten Tomatoes (en inglés)