Saltar ao contido

Antichrist

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Antichrist
 Instancia de
 Título
Antichrist (en) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
Características
 Cor
 Dedicado a
 Ambientado en
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Dedicado a
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Elenco
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
18 de novembro de 2010 (Hungría)
10 de setembro de 2009 (Alemaña)
18 de maio de 2009 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Participou en
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
Duración104 min Editar o valor en Wikidata
Formato de imaxe2.35:1 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
Códigos e identificadores
ISAN0000-0002-2E98-0000-Z-0000-0000-6 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/04jkpgv Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
49/100 Metacritic (17 de outubro de 2025)
53% Rotten Tomatoes (8 de novembro de 2024)
5.6/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0870984 Filmaffinity: 917722 Allocine: 120692 Rottentomatoes: m/1210830-antichrist Mojo: antichrist Allmovie: v375451 TCM: 736427 Metacritic: movie/antichrist TV.com: movies/antichrist-2009 Netlix: 70117549 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Antichrist é un filme dinamarqués de terror experimental escrito e dirixido por Lars von Trier, protagonizado por Willem Dafoe e Charlotte Gainsbourg.[1][2][3] Conta a historia dunha parella que, despois da morte do seu fillo, retírase a unha cabana no bosque onde o home experimenta estrañas visións e a muller manifesta un comportamento sexual cada vez máis violento e sadomasoquista. O argumento está dividido en prólogo, catro capítulos e un epílogo. O filme foi, sobre todo, unha produción danesa mais coproducido por compañías de seis países europeos diferentes. A rodaxe do filme tivo lugar en Alemaña e Suecia.

Despois da estrea no Festival de Cannes 2009, onde Gainsbourg gañou o premio do festival da Mellor Actriz, o filme inmediatamente causou controversia, con crítica xeralmente gabando a execución artística do filme mais dividida fortemente e canto ao seu mérito substantivo. Outro premio gañado polo filme inclúe o Robert Award polo mellor filme danés. O filme está dedicado ao cineasta soviético Andrei Tarkovskii (1932-1986).

Antichrist é o primeiro filme da non oficial Depression Trilogy (en galego Triloxía da Depresión), seguida por Melancholia e Nymphomaniac.

Unha parella fai o amor apaixonado, mentres o seu fillo Nick sae do seu berce, sobe até unha mesa e cae por unha xanela aberta. O rapaz morre no chan cuberto de neve, neste mesmo momento, a muller atópase no clímax sexual.

Chapter One: Grief

[editar | editar a fonte]

A nai esváese no funeral do seu fillo, e fica o seguinte mes no hospital por unha dor atípica. O pai, un terapeuta, é escéptico da atención psicolóxica que está a recibir a súa dona e decide tratala persoalmente con psicoterapia. Mais non é un éxito, xa que ela revela que o seu segundo maior temor é a natureza, polo que el decide tentar a terapia de exposición. Recóllense nunha cabana illada nun bosque chamado Edén, onde ela pasara tempo con Nick o verán anterior ao escribir unha tese sobre o femicidio. Mentres a personaxe feminina dorme, a personaxe masculina afástase da cabana e atopa un veado parindo a unha cría morta.

Chapter Two: Pain (Chaos Reigns)

[editar | editar a fonte]

Durante as sesión da psicoterapia, ela convértese cada vez máis maníaca e aflixida, adoito esixindo sexo forzado para escapar da dor. Mentres tanto, a contorna da cabana faise cada vez máis sinistra: choven landras a retortoiro coma balas sobre o faio, el esperta para atopar a súa man dereita cuberta de carrachos inchados, e ao final deste capítulo, atópase cun raposo desmembrado que pronuncia as palabras "reina o caos".

Chapter Three: Despair (Gynocide)

[editar | editar a fonte]

No escuro ático, o home atopa a tese da muller: imaxes arrepíantes da caza de bruxas, e un bloc de notas onde a súa letra comeza a ser cada vez máis frenética e ilexíbel. Ela revela que mentres escribía a súa tese, comezou a crer que todas as mulleres son inherentemente más. O home rexeita a teoría e critícaa a ela pola compra desas crenzas femicidas que ela había decidido inicialmente criticar. Nun momento frenético, manteñen relacións sexuais violentas na base morta dunha árbore ominosa, onde os corpos entretécense dentro das raíces expostas.

Entre a autopsia e as fotografías antigas, el decátase que ela estivo sistematicamente poñendo os zapatos nos pés equivocados, provocando dano e deformidade. Ela atácao, acusándoo de planear deixala, espíndoo e montándose nel, machuca os seus testículos cun bloque de madeira. Mentres está inconsciente pola dor, ela mastúrbao até que chega ao orgasmo, exaculando sangue. A continuación, perfora un buraco na perna e parafusa unha pesada pedra de muíño a través da ferida. Ela lisca ceibando a chave inglesa so a cabana.

El esperta e arrástrase cara a un tobo no que se agocha. Mentres ela o busca desesperadamente, el atopa un corvo enterrado vivo no tobo. O corvo comeza a grallar polo que a muller o atopa e tenta sacalo enterrándoo, mais non o consegue.

Chapter Four: The Three Beggars

[editar | editar a fonte]

Cae a noite e, chorando, ela descúlpase e axúdalle arrastrándoo de novo á cabana. Unha vez alí, el pregúntalle se o quería matar, e ela responde "aínda non", e engade cripticamente que "cando os tres mendigos cheguen, alguén debe morrer".

Nunha analepse ao prólogo, aparece a personaxe feminina que ve o que lle ía ocorrer a Nick e non fai ren para impedilo. Non está claro se tal analepse está destinada a ser a realidade implícita, ou sinxelamente unha visión imaxinada como síntoma de culpabilidade extrema. Ela colle unhas tallantas e extírpase o clítoris, producindo un brado torturador.

Durante a noite a parella é visitada polo corvo, o veado e o raposo das escenas anteriores, mentres a saraiba golpea contra o teito da cabana. A saraiba comeza no instante no que a personaxe feminino brada; denantes foi revelado que as mulleres en Ratisbona foran acusadas de bruxaría e de ser capaces de producir saraibas. Ao corvo escóitaselle grallar so o chan da cabana. Rachando as madeiras, a personaxe masculina libera o paxaro e casualmente descobre a chave oculta. A personaxe feminina acoitélao nas costas coas tallantas. A personaxe feminina detén a loita, despois de decatarse dun cambio de mirada no seus ollos. El esgánaa. Logo quéimaa nunha pira funeraria fóra da cabana.

Tras seguir o camiño que se afasta da cabana, detense para comer amoras mentres os "tres mendigos" o observan. Ao chegar ao cumio dun outeiro, mira cara a abaixo para ver centos de mulleres subindo cara a el, coas súas facianas borrosas.

  1. Christie, Ian. "All Those Things That Are to Die: Antichrist". Consultado o 17 de marzo de 2013.
  2. Southern, Nathan. "Antichrist (2009)". Consultado o 8 de decembro de 2012.
  3. Shoard, Catherine. "'I like the idea of never being too stable'". Consultado o 8 de decembro de 2012.