La Ràpita é un concello da provincia de Tarragona, en Cataluña. Pertence á comarca do Montsià e tiña en 2014 unha poboación de 15.003 habitantes. Antigamente coñecíase como la Ràpita dels Alfacs e como Sant Carles de la Ràpita.
O seu porto é un dos máis importantes de Cataluña. As súas praias, o seu contraste entre mar e montaña e a súa proximidade ao Delta do Ebro convertérono nun importante centro turístico.