Arbolí
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
| Provincia | Provincia de Tarragona | ||||
| Comarca | el Baix Camp | ||||
| Capital | Arbolí | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 138 (2025) | ||||
| Número de fogares | 23 (1553) | ||||
| Lingua oficial | lingua catalá | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 20,8 km² | ||||
| Altitude | 714 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcaldesa | Magda Seriol Samarra (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 43365 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 43015 | ||||
| Código territorial IDESCAT | 430154 | ||||
| Sitio web | arboli.altanet.org | ||||
Arbolí é un municipio da comarca do Baix Camp, na provincia de Tarragona, na comunidade autónoma de Cataluña. Dentre do seu térmimo municipal atópase o lugarciño de Gallicant. Escasamente poboado, en 2006, tiña 105 habitantes, sobre unha área de 20,77 km². As súas coordenadas son 41º14'38 N e 0º56'59L.
Historia
[editar | editar a fonte]Cóidase que a súa orixe atópase nun antigo asentamento sarraceno, mais até o 1600 no aparece en documentos a forma Arbolí. Pertenceu á baronía de Entença e máis tarde ao condado de Prades.
Logo as súas terras pasaron aos duques de Cardona, para máis adiante acabar no ducado de Medinaceli. A localidade participou de forma activa na sublevación carlista de 1827.
Até 1990 formou parte da comarca do Priorat, pero a revisión efectuada pasou o concello á do Baix Camp.
Patrimonio cultural
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial està dedicada a Santo André (Sant Andreu en catalán). É un edificio de tres naves con coro, de estilo neoclásico que ten acaroado o campanario. Este templo foi destruído en 1936, e até mesmo acabar fixo funcións de cortello.
Na zona de Colls áchase unha capela adicada a San Salvador. Construída no século XVII, consta dunha nave única.
Los Castillejos foi un acampamento militar destinado a albergar aos que realizaban milícias universitarias. Estas instalacións mantéronse en activo desde 1950 até o ano 2001.
Economía
[editar | editar a fonte]A principal actividade económica é a agricultura de secaño, salientando o cultivo de abeleiras. Hai na zona dúas minas de cobre, que están sen se explotar. Tamén desapareceron os antigos moíños de papel e de fariña.
Festas
[editar | editar a fonte]Arbolí celebra a súa festa maior a primeira fin de semana do mes de outubro. En xaneiro conmemora a San Paulo (Sant Pau en catalán) a festa maior do inverno.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arbolí |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Tomàs Bonell, Jordi; Descobrir Catalunya, poble a poble, Prensa Catalana, Barcelona, 1994
- Artigo na Gran Enciclopèdia Catalana Arquivado 16 de outubro de 2019 en Wayback Machine.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do Concello Arquivado 15 de abril de 2021 en Wayback Machine. (en catalán)
- Información da Generalitat de Cataluña
