Gandesa
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
| Provincia | Provincia de Tarragona | ||||
| Ámbito funcional territorial | Terres de l'Ebre | ||||
| Comarca | Terra Alta | ||||
| Capital de | |||||
| Capital | Gandesa | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 3.150 (2025) | ||||
| Número de fogares | 168 (1553) | ||||
| Lingua oficial | lingua catalá | ||||
| Xeografía | |||||
| Diocese | Diocese de Tortosa | ||||
| Superficie | 71,2 km² | ||||
| Bañado por | El Canaletes (en) | ||||
| Altitude | 363 m | ||||
| Punto máis alto | Puig Cavaller (en) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Carles Luz Muñoz (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 43780 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 43064 | ||||
| Código territorial IDESCAT | 430640 | ||||
| Sitio web | gandesa.cat | ||||
Gandesa é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona, e é a capital da comarca da Terra Alta, situada no centro desta. Ata 1923 foi distrito electoral (xunto a Tortosa e Roquetes) escollendo un deputado a Cortes.
Como cabeza comarcal é sede do Consello Comarcal e duns xulgados de primeira instancia. Posúe tamén un instituto e unha escola de capacitación agraria.
Demografía
[editar | editar a fonte]| 1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 1986 | 2006 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 3.767 | 3.250 | 3.094 | 2.807 | 2.831 | 2.736 | 3.090 |
Economía
[editar | editar a fonte]Unha actividade económica importante do municipio é a produción vinícola. A localidade é a sede do Consello regulador da denominación de orixe Terra Alta. Tamén se cultivan cereais de secaño, amendoeiras e oliveiras (o aceite da Terra Alta goza do recoñecemento dunha denominación de orixe protexida).
Cabe destacar que hoxe en día perdeu importancia a actividade agrícola, gañando importancia a industria, principalmente a de manipulación de papel e cartón.
Historia
[editar | editar a fonte]Gandesa foi o escenario de combates das guerras carlistas, durante as cales chegou a ser cercada ata sete veces polo xeneral Ramón Cabrera, e da batalla do Ebro durante a guerra civil española.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Sitio arqueolóxico do Coll do Mouro. Trátase dun asentamernto da tribo ibérica dos ilercavones situado nos arredores da poboación.
- Igrexa da Asunción, con elementos románicos.
- Palacio do Castelán, con elementos arquitectónicos dos ss. XIII e XIV.
- Cooperativa agrícola. De estilo modernista, é unha das mellores obras do arquitecto Cèsar Martinell xunto á cooperativa agrícola de o Pinell de Brai e foi declarada Ben de Interese Cultural na categoría de monumento pola Generalitat de Cataluña.
- Centro de Estudos da Batalla do Ebro.
- A Fontcalda, a 13 km do pobo. É unha paraxe natural de gran beleza, a beiras do río Canaletas.
- Serra de Pandols. Lugar desde onde se pode gozar dunha magnifica vista e contemplar o Monumento á Paz que se construíu para recordar aos combatentes que morreron nestas paraxes durante a Batalla do Ebro da Guerra Civil (1938-1939).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gandesa |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do concello Arquivado 30 de agosto de 2012 en Wayback Machine. (en catalán)
