Terres de l'Ebre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTerres de l'Ebre

Localización
Mapa
 40°56′N 0°31′L / 40.93, 0.52Coordenadas: 40°56′N 0°31′L / 40.93, 0.52
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
ProvinciaProvincia de Tarragona Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Xeografía
Superficie3.308,4 km² Editar o valor em Wikidata

     Terres de l'Ebre

As Terres de l'Ebre (Terras do Ebro) é unha rexión do sur de Cataluña (España) formada polas comarcas de Baix Ebre, Montsià, Terra Alta e Ribera d'Ebre. É un dos oito ámbitos funcionais territoriais definidos no Plan territorial xeral de Cataluña, para un hipotético desenvolvemento da Comunidade Autónoma en vigairías.

O seu accidente xeográfico máis característico é o curso baixo do río Ebro. O seu territorio, con máis de 3.300 km cadrados representa o 52% da superficie da provincia de Tarragona e o 10% da de Cataluña e está constituído por 52 municipios.

As principais localidades por poboación son: Tortosa, Amposta, Sant Carles de la Ràpita, Deltebre, Alcanar e l'Ametlla de Mar. Teñen un peso representativo tamén Gandesa e Móra d'Ebre, como capitais de comarca que son.

No aspecto ambiental as catro comarcas posúen un importante patrimonio natural: os parques naturais de Delta do Ebro e Portos de Tortosa-Beceite, así como outras zonas que gozan doutros graos de protección, como a serra de Cardó ou a reserva de Sebes en Flix. A este súmaselle o seu legado cultural e histórico-artístico, como os conxuntos históricos de Tortosa, Horta de Sant Joan, Miravet, Batea ou Arnes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]