La Pobla de Mafumet
Coordenadas: 41°11′12″N 1°12′30″L / 41.18667, -1.20833
La Pobla de Mafumet | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Igrexa da vila | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Comunidade autónoma | ![]() | ||
Provincia | ![]() | ||
Comarca | Tarragonès | ||
Xeografía | |||
Altitude | 96 msnm | ||
Superficie | 6,2 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 3 420 hab. (2014) | ||
Densidade | 551,61 hab./km² | ||
Xentilicio | Pobletà, pobletana | ||
Outros datos | |||
Código postal | 43140 | ||
Alcalde | Joan Maria Sardà Padrell | ||
Páxina oficial |
La Pobla de Mafumet é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. Está localizado na comarca de Tarragonès. Segundo datos de 2014 a súa poboación era de 3 420 habitantes.
Historia[editar | editar a fonte]
Estivo poboado durante a ocupación romana grazas á súa proximidade coa antiga Tarraco. No termo atopouse un tesouro formado por 200 moedas de bronce do período do emperador Claudio que testemuñan a ocupación da localidade.
Durante a reconquista recibiu o nome de Guàrdia de Mafumet e pertenceu á familia dos Montoliu, pasando no século XV a mans da curia de Tarragona.
Cultura[editar | editar a fonte]
A igrexa parroquial está adicada a San Joan Bautista. No seu interior consérvase unha talla románica do século XIII da Mare de Déu del Lledó, trasladada ó templo en 1801 ó derrubarse a ermida de San Joan na que a imaxe se atopaba. A talla, de 55 centímetros, representa á Virxe María cun manto sobre o que repousan os seus cabelos peinados en trenza.
La Pobla de Mafumet celebra a súa festa maior no mes de xuño, coincidindo coa festividade de san Xoán (24 de xuño). No mes de febreiro (2 de febreiro) celébranse as festas na honra á Mare de Déu del Lledó, patroa do concello.
Outras festas importantes son:
- Festa do romesco
- É unha festa-concurso onde os concursantes teñen que amosar as súas aptitudes culinarias na realización do prato típico da comarca do Tarragonès, chamado romesco. É un prato de tipo "suquet", que ten como base o peixe sapo e un mollo ("picada"). Faise a partir de abelás ou améndoas, allo, tomate e pimentón de romesco.
- Paella popular
- Celébrase no mes de setembro coincidindo coa día Diada de Cataluña.
- Festa de l'oli
- Degustación do aceite novo. Colabora a Cooperativa Agrícola de San Isidro.
Economía[editar | editar a fonte]
Tradicionalmente, a base da economía do concello foi a agricultura, sobresaíndo os cultivos de viña, oliveira, cereal e abeleira. A partir da década de 1970 instaláronse no concello diversas industrias que reduciron o número de terras adicadas ó cultivo.
A refinería instalada en 1974 e outras industrias dependentes da mesma son, dende entón, a base do emprego dos habitantes de La Pobla.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La Pobla de Mafumet ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Tomàs Bonell, Jordi; Descobrir Catalunya, poble a poble, Prensa Catalana, Barcelona, 1994
- Artigo na Enciclopedia Catalá Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine.