Vandellòs i l'Hospitalet de l'Infant
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
| Provincia | Provincia de Tarragona | ||||
| Comarca | el Baix Camp | ||||
| Capital | Vandellòs | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 7.143 (2025) | ||||
| Número de fogares | 35 (1553) | ||||
| Lingua oficial | lingua catalá | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 102,7 km² | ||||
| Bañado por | Mar Mediterráneo e Golfo de Sant Jordi | ||||
| Altitude | 281 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcaldesa | Assumpció Castellví Auví (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 43891 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 43162 | ||||
| Código territorial IDESCAT | 431628 | ||||
| Sitio web | vandellos-hospitalet.cat | ||||
Vandellòs i l'Hospitalet de l'Infant é un municipio de Cataluña situado na comarca do Baix Camp na provincia de Tarragona. Segundo datos de 2008 a súa poboación era de 5.653 habitantes. Ademais de Vandellòs e l'Hospitalet de l'Infant, está formado polos núcleos de poboación de l'Almadrava, Masriudoms e Masboquera.
Historia
[editar | editar a fonte]
Vandellòs aparece citado xa en 1342 co nome de Vallis Laurorumi e en 1460 como Vall de Llorer. Formou parte do termo municipal de Tivissa e quedou integrado na baronía de Castellvell. A partir de 1241, a baronía empezou a ser coñecida como baronía de Entenza ao casar unha neta do señor de Castellvell con Berenguer de Entenza. En 1324, Guillem de Entenza cedeu a baronía ao rei Xaime II e quedou integrada dentro do condado de Prades.
En 1813, as tropas do mariscal Suchet saquearon a cidade. En 1835 a poboación sufriu graves danos por mor dun terremoto.
L'Hospitalet foi fundado polo infante Pedro, fillo de Xaime II e de Branca de Nápoles, o 8 de novembro de 1344. Pedro levantou un edificio ao que chamou Hospital del Coll de Balaguer; o hospital era un edificio de planta cadrada de 54,6 metros de lado cunha torre en cada un dos seus ángulos de 18,5 metros. O intento de repoboación por parte de Pedro fracasou ata que en 1362 o seu fillo Juan de Prades adquiriu máis terreos para o hospital. Este novo edificio foi destruído no século XV.
Monumentos e festas
[editar | editar a fonte]- A igrexa parroquial de Vandellòs está dedicada a Sant Andreu. É un edificio de tres naves con cúpula, de estilo renacentista, construída en 1773.
- Tamén quedan restos das antigas fortificaciones da Idade Media. Tamén se conservan algunhas arcadas do hospital do Coll de Balaguer, así como unha das súas torres e un antigo pozo.
- A festa maior de Vandellòs celébrase o 26 de setembro, festividade de San Cosme e San Damián. L'Hospitalet de l'Infant celebra as súas festas o 16 de agosto (San Roque).
Economía
[editar | editar a fonte]O turismo converteuse nunha das principais fontes de ingresos do municipio. Construíronse diversos equipamentos como hoteis e urbanizacións. En l'Hospitalet de l'Infant atópase un porto deportivo que dispón de 575 amarres.
A agricultura foi durante moito tempo a base económica da cidade. Actividade que cambiou a partir da construción da central nuclear de Vandellòs en 1972. Os cultivos que aínda permanecen son principalmente abeleiras, amendoeiras e cereais.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vandellòs i l'Hospitalet de l'Infant |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 02 de marzo de 2008 en Wayback Machine. (en catalán)
- Porto deportivo de l'Hospitalet
