Perafort
Coordenadas: 41°11′29″N 1°15′23″L / 41.19139, -1.25639
Perafort | ||
---|---|---|
![]() | ||
Escola da vila | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Comunidade autónoma | ![]() | |
Provincia | Tarragona | |
Comarca | Tarragonès | |
Xeografía | ||
Altitude | 125 msnm | |
Superficie | 9,6 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 1 287 hab. (2014) | |
Densidade | 133,78 hab/km² | |
Xentilicio | Perafortí, perafortina | |
Outros datos | ||
Código postal | 43152 | |
Alcalde | Joan Martí Pla i Pla (CiU) | |
www.perafort.cat |
Perafort é un concello da provincia de Tarragona, en Cataluña, situado na comarca do Tarragonès. Está formado por dous núcleos de poboación: Perafort e Puigdelfí, situado a menos dun quilómetro.
Historia[editar | editar a fonte]
Atopáronse diversos restos arqueolóxicos que demostran a presenza de habitantes durante a ocupación romana. Quedou despoboado durante a época árabe e non se repoboou ata logo da Reconquista; o seu primeiro señor foi Guillem de Claramunt. Tomou parte nas actividades da Comuna del Camp.
A principios do século XIII pertenceu aos señores de Castellvell. Logo de pasar por diversas mans, en 1467 a señoría quedou en poder da curia de Tarragona.
Puigdelfí e Perafort uníronse para formar un único municipio en 1846.
Demografía[editar | editar a fonte]
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2000 | 2012 |
---|---|---|---|---|---|
598 | 506 | 496 | 444 | 610 | 1.264 |
Economía[editar | editar a fonte]
A principal actividade económica do municipio é a agricultura. Destacan os cultivos de viña, amendoeiras e abeleiras. Destaca tamén a actividade industrial, fomentada coa construción de polígonos industriais.
Lugares de interese[editar | editar a fonte]
- Igrexa de Sant Pere de Perafort, neoclásica de tres naves, construída no século XVIII sobre un antigo templo. Ten acaroado un campanario de planta cuadrada.
- Igrexa de Sant Sebastià de Puigdelfí, do século XVIII, de tres naves.
Festividades[editar | editar a fonte]
- Festa maior de Puigdelfí, en xaneiro.
- Festa maior de Perafort, o 29 de xuño.
Tranporte[editar | editar a fonte]
O 26 de decembro de 2006 inaugurouse, a medio camiño entre Perafort e La Secuita, a estación de Camp de Tarragona, pertencente á liña de alta velocidade Madrid-Barcelona-Fronteira francesa.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Perafort ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sitio oficial do concello (en catalán)
- Información da Generalitat de Catalunya (en catalán)
- Información do Institut d'Estadística de Catalunya (en catalán)