Alegranza
Alegranza | |
---|---|
![]() Vista da illa | |
![]() Situación respecto de Lanzarote | |
Situación | |
País | ![]() |
Comunidade autónoma | ![]() |
Provincia | As Palmas |
Arquipélago | Chinijo |
Mar | Océano Atlántico |
Coordenadas | 29°14′N 13°19′O / 29.23, -13.31 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Estratovolcán |
Superficie | 10,3 km² |
Punto máis alto | 289 msnm |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Densidade | 10 km de Lanzarote hab./km² |
Alegranza é un dos illotes do Arquipélago Chinijo, ao norte de Lanzarote, a beiras do Océano Atlántico. Administrativamente pertence ao municipio lanzaroteño de Teguise, na provincia das Palmas, Illas Canarias, España.
Descrición[editar | editar a fonte]
Forma parte do Parque Natural do Arquipélago Chinijo e da Reserva Integral dos Illotes. É a máis setentrional do arquipélago Chinijo e de todas as illas Canarias. Ten unha superficie de 10,30 km², 2005) e non está habitada. O faro de Punta Delgada, na parte oriental do illote, foi declarado Ben de Interese Cultural o 20 de decembro de 2002.
A paisaxe está caracterizada, desde o punto de vista xeolóxico, pola presenza do grande edificio volcánico que constitúe a Caldera de Alegranza, cun cráter de 1,1 km de diámetro e unha altura de 289 msnm.
A abundancia de pesca permite que aniñen moitas especies de aves. En Alegranza nidifica a pardela cincenta, alcanzando a maior densidade reprodutora de Canarias e de España. No illote tamén se achan as últimas parellas de aguia peixeira (Pandion haliaetus) do arquipélago canario.
Actualmente a illa pertence á familia Jordán-Martinón,[1] que vive en Masdache (Lanzarote) e Tenerife.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ ABC (15-03-2010). Os donos de Alegranza propoñen xestionar o uso público do illote.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alegranza |