Montaña Clara
| Tipo | illa | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | Arquipélago Chinijo | |||
| Situado na entidade xeográfica | Illas Canarias | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Las Palmas, España | |||
| ||||
| Bañado por | océano Atlántico | |||
| Características | ||||
| Altitude | 256 m | |||
| Superficie | 1,48 km² | |||
Montaña Clara é un dos illotes do Arquipélago Chinijo, ao norte de Lanzarote, entre La Graciosa e Alegranza. Politicamente pertence ao concello lanzaroteño de Teguise, na provincia das Palmas, Illas Canarias, en España.
Descrición e características
[editar | editar a fonte]Forma parte do Parque Natural do Arquipélago Chinijo e da Reserva Integral dos Illotes. Do mesmo xeito que o resto das illas Canarias, a súa orixe é volcánica. O seu nome débese aos tons claros que toma o seu cono volcánico, o cal cobre gran superficie da illa.
O illote ten unha extensión de 1,33 km², e a súa maior altitude está rexistrada na Mariana, con 256 msnm. Montaña Clara nunca estivo habitada de forma permanente.
A pesar da súa reducida superficie, trátase dun importante refuxio faunístico. Nela habitan especies como o falcón eleonor, a aguia peixeira, a pardela cincenta, a musaraña canaria ou o paíño calcamar (Pelagodroma marina), cuxa principal colonia de cría nas illas Canarias está neste pequeno illote.
Propiedade
[editar | editar a fonte]A illa é propiedade dos herdeiros de Mariano López Socas, quen comprou a illa en 1957, sendo entón alcalde do concello de Haría, en Lanzarote. En agosto de 2007 púxose no mercado a poxa cun prezo inicial de 9 millóns de euros.[1] Aínda que se intentou chegar a un acordo co Estado para que este asumise a titularidade da illa, as negociacións foron infrutuosas. O 29 de agosto de 2007 fíxose público que o Goberno intentaría expropiar a illa, aínda que se procuraría chegar a un acordo amigable cos actuais propietarios.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Se vende isla en Lanzarote". La Provincia - Diario de Las Palmas (en castelán). 2007-08-23. Consultado o 2022-04-21.
- ↑ O Goberno expropiará a illa posta á venda en Canarias
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Montaña Clara |
| A Galipedia ten un portal sobre: Illas Canarias |

