Illa de Lobos
- Para a illa uruguaia vexa Illa de Lobos, Uruguai
Illa de Lobos | |
---|---|
![]() Vista de satélite | |
![]() Situación respecto de Fuerteventura | |
Situación | |
País | ![]() |
Comunidade autónoma | ![]() |
Provincia | As Palmas |
Arquipélago | Canarias |
Mar | Océano Atlántico |
Coordenadas | 28°27′N 13°29′O / 28.45, -13.49 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Estratovolcán |
Superficie | 4,58 km² |
Punto máis alto | 127 msnm (La Caldera) |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada desde 1968 |
A Illa de Lobos é un illote do Océano Atlántico, ao norte de Fuerteventura. Politicamente pertence ao municipio de La Oliva, na provincia das Palmas, Illas Canarias, España.
Descrición[editar | editar a fonte]
Trátase dun pequeno illote duns 4,5 km² situado ao nordés de Fuerteventura. O brazo de mar que os separa denomínase El Río, no Estreito da Bocaina, cuxa profundidade non excede dos 10 metros. A illa pode ser vista con claridade desde Corralejo.
O seu nome débese a que no pasado habitaban na illa lobos mariños, tamén coñecidos como focas monxe, agora en perigo de extinción. Os pescadores eliminaron a especie, xa que pensaban que a súa voracidade reducía os recursos mariños da zona. Cada un destes animais necesita entre 30 e 40 kg de peixe ao día. Estanse realizando esforzos de reintrodución dos lobos mariños, a pesar da negativa dos pescadores.
Forma parte do Parque Natural das Dunas de Corralejo e Illa de Lobos. Alberga máis de 130 especies vexetais e varias especies de aves, destacando a gaivota arxéntea e a pardela cincenta. Os fondos mariños son área de reserva submarina e conteñen unha gran riqueza ecolóxica.
A súa máxima altura atópase na Caldera, de 127 m.
Poboación e turismo[editar | editar a fonte]
O illote estivo habitado ata 1968 por un fareiro, Antonio Hernández Páez (Antoñito o Fareiro), e a súa familia. O faro foi restaurado e hoxe en día funciona automaticamente.
Actualmente os visitantes do illote son pescadores, turistas, bañistas e mergulladores. Existe un servizo regular de transporte marítimo que enlaza con Corralejo. Hai un restaurante dirixido polos descendentes de Antoñito, así como unha zona de acampada.
En Lobos naceu a escritora española Josefina Pla.