OKK Beograd

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
OKK Beograd
Información xeral
Nome Omladinski košarkaški klub Beograd
Liga KLS
Alcume Klonferi
Fundación 1945
Historia KK Metalac (1945–1950)
KK BSK (1950–1958)
Cores           Azul, branco
Presidente Aleksa Milošević
Adestrador Vule Avdalović
Localización
Cidade Belgrado, Serbia
Pavillón Sportski centar Šumice
Capacidade 2 000
Inauguración 1974
Campionatos
Liga 4 (1958, 1960, 1963, 1964)
Copa 3 (1960, 1962, 1993)
okkbeograd.org.rs

O Omladinski košarkaški klub Beograd (en serbio cirílico: Омладински кошаркашки клуб Београд, Club de Baloncesto Xuvenil de Belgrado), máis coñecido como OKK Beograd, é un club profesional de baloncesto serbio con sede na cidade de Belgrado. Actualmente xoga na Košarkaška liga Srbije (KLS), a máxima categoría do baloncesto serbio. Fundando en 1945, o equipo xoga os seus partidos como local no Sportski centar Šumice, un pavillón inaugurado en 1974 con capacidade para 2.000 espectadores. Entre os seus títulos destacan catro Ligas e tres Copas de Iugoslavia.

Historia[editar | editar a fonte]

O Omladinski košarkaški klub Beograd, é dicir, o Club de Baloncesto Xuvenil de Belgrado, nace en 1945, pouco despois de finalizar a segunda guerra mundial. Ese mesmo ano comezaron o seu camiño outros dous clubs de prestixio da cidade de Belgrado: o Crvena zvezda (Estrela Vermella) e o Partizan. O club, que nace co nome de KK Metalac, xorde por iniciativa do Sindicato de Traballadores do Metal de Iugoslavia (Klonfera). En 1946, na súa primeira participación na Liga iugoslava, lograron a sexta posición.[1]

En 1950 o club mudou o seu nome a KK BSK (Belgrado Sports Club), apelativo que manteñen até 1958 cando xa adquiriron a súa actual denominación. Estes anos foron o momentos máis difíciles do club, xa que non contaban con recursos e tiñan que xogar ao aire libre. Porén, en 1958 comeza a "era dourada" do club cunha xeración de xogadores entre os que estaban Radivoj Korać, Slobodan Gordić, Bogomir Rajković, Trajko Rajković, Miodrag Nikolić ou Milorad Erkić, dirixidos desde o banco por Borislav Stanković e Aleksandar Nikolić. En menos dunha década, o OKK Belgrado conseguiu catro ligas de Iugoslavia (1958, 1960, 1963 e 1964), así como dous trofeos de Copa (1960 e 1962). Nese mesmo período de tempo o club conseguiu chegar ás semifinais da Copa de Europa en tres ocasiones, mais viron cortado o seu camiño á final en 1959 polo Academic Sofia, en 1964 polo Spartak Brno e en 1965 polo Real Madrid.

Pasados os anos gloriosos, os seus resultados caeron en picado. Porén, atinxiron a final da Copa Korać en 1972, na que perderon antre outro equipo iugoslavo, o KK Cibona, coñecido entón como KK Lokomotiva. Tiveron que pasar vinte e un anos até conseguir un novo triunfo, a copa de 1993.[1] Desde o ano 2006 o OKK Beograd compite regularmente na liga serbia. O 14 de xuño de 2018, o club asinou un acordo de cooperación co Mega Basket.[2]

Pavillón[editar | editar a fonte]

Desde o ano 2016 o OKK Beograd posúe un pavillón propio. Situado no barrio de Palilula, ao norte de Belgrado, recibe o nome de Hala Radivoj Korać Hall. Con todo, segue a xogar os seus partidos de Liga no Sportski centar Šumice, recinto inaugurado en 1974 con capacidade para 2.000 espectadores.

Títulos[editar | editar a fonte]

Liga de Iugoslavia

  • Campións (4): 1958, 1960, 1963, 1964
  • Subcampións (1): 1962

Copa de Iugoslavia

  • Campións (3): 1960, 1962, 1993
  • Subcampións (1): 1959

Xogadores[editar | editar a fonte]

Destacados[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Историјат". okkbeograd.org.rs. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2017. Consultado o 24 de setembro de 2018. 
  2. "Mega i OKK Beograd potpisali ugovor o saradnji". b92.net. Consultado o 27 July 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]