Saltar ao contido

Hala Aleksandar Nikolić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hala Pionir
Belgrado Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Deporte
 Deporte
Implicados
 Arquitecto/a
 Propietario/a
 Ocupante
Datas
 Fundación / creación
24 de maio de 1973 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
24 de maio de 1973 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Capacidade8.150 e 8.000 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/07l7rn Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Hala Aleksandar Nikolić (serbio: Хала Александар Николић / Hala Aleksandar Nikolić), antes coñecido como Hala Pionir (Хала Пионир / Hala Pionir), é un pavillón deportivo situado na cidade de Belgrado, Serbia, na municipalidade de Palilula. A capacidade da cancha é de 8.150 espectadores.[1]

O Pavillón Pionir Hall foi construído en 1973, en tan só once meses, pola empresa construtora "Energoprojekt". Nesa época, o baloncesto iugoslavo estaba en pleno apoxeo, e aínda que Pionir ten organizado moitos eventos deportivos diferentes, como voleibol ou balonmán, rapidamente se fixo coñecido como un santuario do baloncesto.

O equipo nacional de Iugoslavia gañou o ouro europeo en 1975, baixo o seu teito, e tamén trouxo sorte aos campións de Lituania, o Žalgiris Kaunas, en 1998 cando gañaron a Copa Saporta. O Partizan trasladouse ao Pionir en 1992, despois de deixar ao seu antigo pavillón, o "Hala sportova", xa que se quedara obsoleto para un club que estaba a piques de tomar o trono europeo. O Pionir é hoxe un moderno polideportivo totalmente equipado, que pode cumprir satisfactoriamente as normas básicas das competicións europeas.

  1. Srpska, RTRS, Radio Тelevizija Republike Srpske, Radio Television of Republic of. "Дворана "Александар Николић" проширује се на 10.000 мјеста". СПОРТ - РТРС. Consultado o 2022-11-20.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]