Saltar ao contido

KK FMP

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
FMP Meridian
Información xeral
Nome Košarkaški klub FMP
Кошаркашки клуб ФMП
Liga KLS / ABA Liga / Champions League
Fundación 1970
Historia Radnički Novi Sad (1970−2009)
Radnički Belgrado (2009−2011)
Radnički FMP (2011−2013)
Cores           Vermello, branco
Presidente Zoran Tošković
Adestrador Nenad Stefanović
Localización
Cidade Belgrado, Serbia
Pavillón Dvorana Železnik
Capacidade 3 000
Inauguración 1 de xuño de 1973
kkfmp.rs
Este artigo é sobre o FMP en activo. Para o antigo equipo da YUBA/KLS/ABA, véxase KK FMP Železnik.

O Košarkaški klub FMP (en serbio cirílico: Кошаркашки клуб ФMП), coñecido por motivos de patrocinio como FMP Meridian,[1] é un club profesional de baloncesto con sede na cidade de Belgrado, Serbia. Fundado en 1970 co nome e KK Radnički Basket, en 2015 toma o seu nome actual, o cal non ten que ver co antigo FMP Železnik, club que se fusionaou co Crvena zvezda en 2011. Actualmente o equipo compite na Košarkaška liga Srbije, máxima categoría do baloncesto serbio, na Liga do Adriático e Basketball Champions League. O FMP xoga os seus encontros como local no Dvorana Železnik, un pavillón con capacidade para 3 000 espectadores.

Historia do FMP orixinal

[editar | editar a fonte]

O KK FMP orixinal club estableceuse baixo o nome de KK ILR Železnik o 26 de marzo de 1975 por iniciativa conxunta da compañía de maquinaria local Ivo Lola Ribar (ILR) e o consello de administración local de Železnik. Inicialmente, o club foi parte da Sociedade Deportiva Ivo Lola Ribar, que, ademais de baloncesto, contaba con equipos de fútbol, balonmán, voleibol, boxeo, birlos, tiro con arco e xadrez. Nos seus modestos comezos, o club competiu na liga municipal de Belgrado, xogando os seus partidos como local na cancha descuberta de chan de cemento da escola primaria Braća Jerković. aínda que a liga municipal funcionaba durante o período de primavera-verán, o ILR Železnik tamén disputaba á liga de inverno de Belgrado co fin de manter o nivel de condición física até o comezo da seguinte tempada. O novo club foi ben recibido polos residentes do barrio de Železnik, que a miúdo enchían a pequena cancha, e mesmo facían viaxes para moitos partidos fóra de casa. Co tempo, como o interese no baloncesto creceu en toda a comunidade, e o club comezou a desenvolver un sistema para que puidesen participar mozos de tódalas idades.

Na década de 1980, con máis experiencia no seu haber, o primeiro equipo do Železnik comezou a acadar notables resultados, avanzando o club dende as categorías inferiores. A mediados da década de 1980, chegou á liga provincial serbia. Con todo, o ascenso a un nivel máis alto supoñía tamén uns custos máis altos, e non se podían cubrir os gastos de alugueiro dun pavillón de baloncesto no que competir. Así, o ILR Železnik cesaría as súas actividades de baloncesto en 1986. O club estivo basicamente inactivo até 1991, ano no que conseguiu reactivarse como "FMP Železnik", baixo a iniciativa da compañía siderúrxica "Fabrika metalnih proizvoda AD" (FMP), que se converteu na propietaria do club de facto. Case de inmediato, o club continuou onde o deixara en 1986, e tras unha tempada na Segunda Provincial gañouse o ascenso á Primeira Provincial. Na tempada 1994-95, o FMP chegou á Segunda División da liga Federal de Iugoslavia, o segundo nivel máis alto do baloncesto iugoslavo. Ese ano, nunha tempada memorable, conseguiron o primeiro posto da liga tan só perdendo catro encontros, gañando o ascenso ao máis alto da liga iugoslava.

Celebrando o seu vixésimo aniversario, Železnik comezou a tempada 1995−96 competindo contra equipos como o KK Crvena zvezda, KK Vojvodina, Beobanka, Bobanik, KK Lovćen, Mladost ou Gorstak no nivel máis alto do país. Amosando a madurez conseguida ao longo dos anos, o club terminou a tempada regular no terceiro lugar, gañando así a entrada á YUBA Super Liga onde, fronte os equipos máis potentes do país, arranxáronse para evitar o descenso finalizando en novena posición. A tempada 1996−97 foi aínda máis exitosa, acabado no terceiro ligar e a primeira aparición nos playoffs na historia do club. Sorprendentemente para moitos, o Železnik chegaron á postempada cando se toparon co KK Partizan. Nunha serie ao mellor de cinco, os xogadores Železnik lograron dar a sorpresa no segundo encontro, gañando 82-76 fóra da casa, mais non conseguiron finalmente pasar a pesar de ter os dous seguintes partidos en casa. O Partizan gañarou a serie 3 xogos a 1. Con todo, ese ano chegou o seu primeiro título, ao gañar a Copa.

O KK Radnički

[editar | editar a fonte]

O KK Radnički foi fundado en 1970 en Novi Sad, conseguindo ascender á Primeira División serbia en 2007, xogando na competición os seus últimos dous anos como equipo da cidade Novi Sad.Nesta última temporada destaca o labor de Zlatko Bolić, quen consegue anotar unha media de 22,8 puntos por partido. En 2009 o equipo trasládase a Belgrado, mudando o seu nome a KK Radnički Basket[2] para distinguirse do xa existente Radnički Beograd. Tan só dous anos despois volve mudar de nome, esta vez a KK Radnički FMP.

Por outra banda, o FMP orixinal consegue os seus maiores de toda a súa historia, conseguindo tres copas máis, en 2003, 2005 e 2007, e dúas Ligas do Adriático, en 2004 e 2006. Entre 2003 e 2005 o club muda o seu nome a KK Reflex, para pasar a chamarse finalmente KK FMP. En agosto de 2011 o equipo chega a un acordo co KK Crvena zvezda, de forma que o equipo compite co nome, escudo e cores do equipo de Belgrado durante cinco anos. O acordo estipulaba que todos o resultados do club, incluídos os trofeos, sería atribuídos ao Crvena zvezda. Tras o final do trato, o acordo estipulaba que o Crvena zvezda continuaría onde ficase o KK FMP. Finalmente, o pacto remata un ano antes do agardado. Mentres tanto, o KK Radnički muda o seu nome a KK FMP, poñendo a súa sede no mesmo enderezo que o FMP orixinal. Adopta o escudo do orixinal, modificándoo lixeiramente. No ano 2016−17 o equipo debuta na Liga do Adriático, conseguindo finalizar en novena posición. O 18 de novembro de 2021 o club chega a un acordo de patrocinio, polo que adopta o nome de FMP Meridian. Co novo nome, o equipo consegue chegar á final da liga serbia, onde perderon por 2−0 ante o KK Crvena zvezda. En setembro de 2022 o club alberegará a fase previa da Basketball Champions League, onde se enfrontarán ao Río Breogán da Liga ACB.[3]

Pavillón

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Železnik Hall.

O Železnik Hall é o pavillón onde xogaba so seus encontros como local o FMP. A cancha de baloncesto ten tres niveis e unha área de 4.500 metros cadrados. Con varias estruturas asociadas, representan un complexo deportivo e de negocios moderno. Á parte dunha cancha con capacidade para 3.000 espectadores, hai un bloque de hidromasaxe, un centro especializado en diagnóstico médico e un moderno ximnasio de 200 metros cadrados. O estadio ten iluminación escénica e altofalantes de 6 kW. Tamén unha sala de trofeos, sala de prensa con capacidade para 40 persoas e un hotel cunha superficie de 1.000 metros cadrados para o aloxamento dos xogadores de baloncesto.

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Elenco actual

[editar | editar a fonte]
FMP Meridian 2022−2023
XogadoresAdestradores
Pos.#Nac.NomeAlturaPesoIdade
B 1 Frazier, Trent 1,88 m (6 ft 2 in) 79 kg (174 lb) 27 anos − 01998-09-08 8 de setembro de 1998
A 2 Beech, Beau 2,01 m (6 ft 7 in) 98 kg (216 lb) 32 anos − 01994-01-04 4 de xaneiro de 1994
A 4 Gušić, Marko 2,02 m (6 ft 8 in) 85 kg (187 lb) 23 anos − 02002-08-06 6 de agosto de 2002
AP 5 Pavićević, Marko 2,09 m (6 ft 10 in) 100 kg (220 lb) 25 anos − 02001-05-08 8 de maio de 2001
B 6 Eslovenia Zajc, Jakob 1,80 m (5 ft 11 in) 68 kg (150 lb) 23 anos − 02003-05-12 12 de maio de 2003
AP 7 Stepanović, Aleksa 2,07 m (6 ft 9 in) 93 kg (205 lb) 28 anos − 01998-06-02 2 de xuño de 1998
A 10 Šaranović, Nikola 2,00 m (6 ft 7 in) 86 kg (190 lb) 22 anos − 02003-08-20 20 de agosto de 2003
A 11 Simović, Ranko 2,03 m (6 ft 8 in) 90 kg (198 lb) 27 anos − 01999-06-07 7 de xuño de 1999
A 12 Matović, Ognjen 1,98 m (6 ft 6 in) 21 anos − 02004-08-08 8 de agosto de 2004
P 15 Nixeria Izundu, Ebuka 2,08 m (6 ft 10 in) 105 kg (231 lb) 30 anos − 01996-06-28 28 de xuño de 1996
E 17 Vudragović, Luka 1,97 m (6 ft 6 in) 22 anos − 02004-06-02 2 de xuño de 2004
P 19 Vuković, Andrija 2,10 m (6 ft 11 in) 21 anos − 02005-01-18 18 de xaneiro de 2005
P 21 Janković, Nikola 2,06 m (6 ft 9 in) 111 kg (245 lb) 32 anos − 01994-02-13 13 de febreiro de 1994
E 22 Jenkins, Charles 1,91 m (6 ft 3 in) 100 kg (220 lb) 37 anos − 01989-02-28 28 de febreiro de 1989
AP 24 Nerandžić, Nenad 2,03 m (6 ft 8 in) 30 anos − 01996-06-19 19 de xuño de 1996
B 27 Vujičić, Milutin 1,92 m (6 ft 4 in) 24 anos − 02002-03-08 8 de marzo de 2002
E 55 Manojlović, Nikola 2,01 m (6 ft 7 in) 95 kg (209 lb) 24 anos − 02002-02-14 14 de febreiro de 2002
B 66 Lituania Valinskas, Paulius 1,91 m (6 ft 3 in) 85 kg (187 lb) 30 anos − 01995-12-09 9 de decembro de 1995
Adestrador
Nenad Stefanović
Asistente(s)
Vasilj Đurić
Goran Topić
Preparador(es) físico(s)
Feđa Sretenović

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 20−092022

Destacados

[editar | editar a fonte]

Adestradores

[editar | editar a fonte]
  • Serbia Mladen Mikić (2006–2008)
  • Serbia Velislav Vesković (2008–2009)
  • Serbia Dragan Vaščanin (2009)
  • Serbia Boško Đokić (2009–2010)
  • Serbia Miloš Pejić (2010–2013)
  • Serbia Milan Gurović (2013–2015)
  • Serbia Slobodan Klipa (2015–2016)
  • Serbia Branko Maksimović (2016–2017)
  • Serbia Dušan Alimpijević (2017)
  • Serbia Vladimir Jovanović (2017–2020)
  • Serbia Bojan Đerić (2020–2021)
  • Serbia Vanja Guša (2021)
  • Serbia Nenad Stefanović (2021–presente)

Historial

[editar | editar a fonte]

A KLS 1, refírese á primeira fase da liga serbia, mentres que a KLS SL refírese á Super Liga, segunda fase da competición. Os equipos que participan na Liga do Adriático entran directamente nesta segunda fase. Para máis información sobre o formato de competición da liga, prema aquí.

Ano Nivel Liga Pos. Postemporada V–D Copa Liga do Adriático Competicións europeas
2006–07 2KLS B 1 21–5
2007–08 1KLS 1 9 9–13
2008–09 1KLS 1 9 12–14
2009–10 1KLS 1 12 9–17 Cuartos de final
2010–11 2KLS B 2 15–4 Cuartos de final
2011–12 1KLS 1 3 SL 22–18 Cuartos de final
2012–13 1KLS 1 7 14–12
2013–14 1KLS 1 1 SL 25–15 Semifinais
2014–15 1KLS 1 1 SL 23–13 Cuartos de final
2015–16 1KLS 1 1 Semifinais 29–6 Cuartos de final
2016–17 1KLS SL 3 Subcampión 11–8 Semifinais ABA Liga910–16
2017–18 1KLS SL B1 Subcampión 13–5 Semifinais ABA Liga89–13
2018–19 1KLS SL A2 Semifinais 9–4 Semifinais ABA Liga610–12
2019–20 1KLS SL Canc. Semifinais ABA LigaCanc.10–11
2020–21 1KLS SL ND Cuartos de final 0–2 Cuartos de final ABA Liga811–15
2021–22 1KLS SL ND Subcampión 0–2 Semifinais ABA Liga614–14

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]