Jan Paweł Lenga
Jan Paweł Lenga | |
---|---|
![]() | |
Arcebispo da Igrexa católica latina | |
Biografía | |
Nacemento | 28 de marzo de 1950 |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 28 de maio de 1980, por Vincentas Sladkevičius |
Consagración episcopal | 28 de maio de 1991, por Francesco Colasuonno |
Arcebispo de Qarağandı | |
1999[1] - 2011 | |
Sucesor | Janusz Kaleta |
Outros | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Jan Paweł Lenga, nado o 28 de marzo de 1950 en Horodok (RSS de Ucraína) é un relixioso mariano polaco-ucraíno, 1º bispo de Qarağandı dende 1991 até 2011.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu o 28 de marzo de 1950 en Horodek, fillo de Emil e Teofila, de apelido de solteira Kińczyk.[2] Logo de que as autoridades lle negasen o ingreso no seminario de Riga, en 1975 entrou na Congregación dos Padres Marianos en segredo.[2] Foi ordenado sacerdote o 28 de maio de 1980 por Vincentas Sladkevičius.[2] Por mor da súa actividade pastoral, o KGB expulsouno a Taxiquistán en 1980 e posteriormente a Casaquistán en 1981.[2]
O 13 de abril de 1991 foi nomeado administrador apostólico de Casaquistán e bispo titular de Arba polo papa Xoán Paulo II. Recibiu a consagración episcopal o 28 de maio do mesmo ano de mans do delegado apostólico Francesco Colasuanno, e tivo como co-consagrantes principais ao administrador apostólico da Rusia europea Tadeusz Kondrusiewicz e ao bispo de Kamyanets-Podilskyi Jan Olszanski.
Coa elevación da sé ao rango de diocese, Lenga foi nomeado bispo de Qarağandı. O 17 de maio de 2003 foi nomeado arcebispo a título persoal. Retirouse o 5 de febreiro de 2011.