Kevin De Bruyne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kevin De Bruyne
De Bruyne.
Información persoal
Nome completo Kevin De Bruyne
Nacemento 28 de xuño de 1991 (25 anos)
Lugar Drongen, Bélxica
Altura 1,81 m
Posición Medio ofensivo / Extremo
Información de club
Club actual Manchester City
Número 17
Carreira xuvenil
1997–1999 KVV Drongen
1999–2005 Gent
2005–2008 Genk
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2008–2012 Genk 97 (16)
2012–2014 Chelsea 3 (0)
2012–2013 Werder Bremen (cedido)</small 33 (10)
2014–2015 VfL Wolfsburg 51 (13)
2015– Manchester City 34 (9)
Selección nacional
2008–2009 Bélxica Sub-18 7 (1)
2009 Bélxica Sub-19 10 (1)
2011 Bélxica Sub-21 2 (0)
2010– Bélxica 48 (13)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 1 de xullo de 2014

Kevin De Bruyne (AFI: [də ˈbrœy̆nə]), nado en Drongen, Flandres Oriental, o 28 de xuño de 1991, é un futbolista internacional belga que xoga como centrocampista ofensivo ou extremo para o Manchester City da Premier League inglesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Drongen, un submunícipio de Gante, capial do Flandres Oriental, De Bruyne comezou súa carreira no KVV Drongen en 1997 aos seis anos de idade. Dous anos mais tarde, en 1999, marchouse ao Gent, onde permaneceu até 2005, para despois se transferido ao Genk.[1] Alí foi ascendido ao primeiro equipo en 2008 da man do adestrador Pierre Denier, aínda que non chegaría a debutar até o 9 de maio de 2009, nunha derrota por 3 a 0 contra o Charleroi.[2]

Tornouse un fixo no equipo na temporada seguinte e, o 7 de febreiro de 2010, marca o seu primeiro gol co club, grzas o cal o Genk conseguiría os tres puntos na vitoria por 1 a 0 sobre o Standard de Liège. Lograría ademais xogar a fase previa da recentemente creada UEFA Europa League ante o Lille Olympique de Francia, xogando ambos partidos, aínda el Genk sería eliminado por 6-3 no global. En total, Kevin finalizou a temporada 2009-10 con 35 encuotros de liga disputados e 3 goles anotados. Antes do comienzo da temporada 2010-11, varios equipos europeos trataron de contratar a Kevin, recibindo unha oferta concreta do FC Twente, nese momento actual campión da Liga dos Países Baixos, mais o Genk conseguiu reter a Kevin por outra tempada más.

En outubro de 2010, Kevin adquire mononucleose, o que o mantén fóra dos campos durante dous meses. Con todo, Kevin finalizou a tempada con 32 partidos de Liga disputados aumentando os seus números até chegar a marcar 5 goles e facer 16 asistencias, nun ano no que o seu equipo, o Genk, se proclamou campión de Liga, no que sopoñía o terceiro título de Liga na historia do club. Cómpre destacar que o 29 de outubro de 2011, De Bruyne marca o seu primeiro hat-trick, nun partido ante contra o Club Brugge que terminou en vitória por 5 a 4 para o seu equipo.

O día 31 de xaneiro de 2012 o Chelsea anuncia a contratación de De Bruyne, pagando ao Genk aproximadamente 7 millóns de libras con contrato de 5 anos e medio. Porén, permaneceu no Genk cedido até o fin da tempada. Tras chegar ao Londres, o 2 de agosto de 2012 o Chelsea anuncia que o xogador será cedido de novo, esta vez por unha tempada completa, ao Werder Bremen da 1. Bundesliga, onde xoga trinta e tres partidos e marca 10 goles. O día 18 de xaneiro de 2014, o VfL Wolfsburg ficharía a De Bruyne a cambio de 20 millóns de euros.

Títulos[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Título Club País Año
Copa KRC Genk Bélxica Bélxica 2008-09
Primeira División KRC Genk Bélxica Bélxica 2010-11
Supercopa KRC Genk Bélxica Bélxica 2011

Individual[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. KRC Genk (ed.). Kevin De Bruyne "Kevin de Bruyne" |url= incorrecto (Axuda) (en neerlandés). Consultado o 2 de xullo de 2014. 
  2. The Guardian, ed. (9 de maio de 2007). "Charleroi 3–0 Genk" (en inglés). Consultado o 2 de xullo de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]