Carballo pubescente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carballo pubescente
Quercus humilis.
Quercus humilis.
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Hamamelidae
Orde: Fagales
Familia: Fagaceae
Xénero: Quercus
Subxénero: Quercus
Sección: Quercus
Especie: Q. humilis
Nome binomial
Quercus humilis
Mill.
Sinonimia

O carballo pubescente[1][2] Quercus humilis (sin. Quercus pubescens) é unha árbore de fronda, de tamaño medio, podendo acadar os 25 m, que pertence á familia das fagáceas. Distribúese polo centro e sur de Europa, Turquía e Crimea. Está catalogado coma especie vulnerábel por perda do seu hábitat. Este carballo amosa unha enorme tendencia a hibridar cos seus conxéneres, o que fai difícil o recoñecemento, en determinadas rexións, das súas características morfolóxicas máis típicas. Proba disto é que se teñen descrito cruzamentos no cuadrante nororiental ibérico con moi diversas especies do xénero (Quercus robur, Quercus petraea, Quercus faginea, Quercus canariensis, e Quercus ilex). Polo xeral, no eixo pirenaico atópanse as poboacións máis puras, mentres no Prepireneo dominan os mesturados ou híbridos, sendo particularmente abundante o Quercus x cerrioides. En Galiza non é unha especie presente.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Quercus, nome latino dos carballos; humilis, do latín humilis-e 'humilde, baixo', alude ao seu tamaño en relación con outros carballos.

Descrición[editar | editar a fonte]

Árbore de folla caediza, que acada os 10-15 m de altura (pode non pasar de arbusto, raíces fortes, tronco flexuoso, casca apardazada ou cinsenta, en adultos negra e gretada; copa ampla, arredondada. Gomos oviformes-tomentosos, novos agromos vilosos. Follas subcoriáceas, marcescentes, oblongo-obovadas, 4-12 x 2–7 cm; marxes extremadamente lobuladas, 5-8 lóbulos de cada banda; ápice arredondado, base arredondada ou algo acorazonada; pecíolo tomentoso, subcilíndrico, 5–15 mm de longo; 4 a 9 pares de nervios; as novas son densamente tomentosas en ambas faces, despois averdadas escuras e glabras pola face, persistindo un tomento agrisado polo envés que lle dá unha cor verde lixosa. Os froitos son landras ovoides, castañas claras, 1-34 cm de lonxitude e 1–2 cm de largo, solitarias ou en grupos de 2-5 nun curto pedúnculo menor de 1 cm de longo; cubertas 1/2 a 1/3 da súa lonxitude por un cascabullo de escamas grosas imbricadas, cinsentas, tomentosas.

Notas[editar | editar a fonte]

Bosque novo de carballo pubescente en Cataluña.
Quercus pubescens.
  1. Nome vulgar galego en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
  2. "Carballo". DIGALEGO. Consultado o 15 de outubro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • López González, Ginés A. (2004). Guía de los árboles y arbustos de la Península Ibérica y Baleares. Madrid. Ed. Mundi-Prensa. ISBN 84-8476-210-6

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]