Karl Schnell (xeneral)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Non confundir con Karl-Heinz Schnell

Infotaula de personaKarl Schnell

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de decembro de 1916 Editar o valor em Wikidata
Sprendlingen, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte13 de febreiro de 2008 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Bundeswehr Deputy Chief of Defence (en) Traducir
1973 – 1975
← Bernd Freytag von LoringhovenHarald Wust →
Deputy Inspector of the Army (en) Traducir Deutsches Heer (pt) Traducir
1 de outubro de 1968 – novembro de 1968
← Hubert Sonneck (pt) TraducirHellmut Grashey (pt) Traducir →
Secretario de Estado
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónoficial Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarLuftwaffe e Deutsches Heer (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militarmajor-general (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Karl Schnell nado o 18 de decembro de 1916 en Sprendlingen e finado o 13 febreiro de 2008, foi un comandante da Wehrmacht na Alemaña nazi, xeneral da Bundeswerhr, Secretario de Estado no Ministerio de Defensa da RFA e Comandante en xefe da OTAN en Europa Central.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Servizo na Wehrmacht[editar | editar a fonte]

Schnell participou na batalla de Francia en 1940 como comandante de compañía e foi profesor na escola de artillaría de Jüterbog. De finais do verán de 1942 á primavera de 1943, foi asignado á Fronte Oriental como capitán. Como intendente foi o responsable do abastecemento da 330ª División de Infantaría. Ascendeu a major da 3ª División Panzergrenadier ao sur de Monte Cassino en Italia. En xullo de 1944 asumiu o cargo de Primeiro Oficial do Estado Maior dos LXXVI Panzerkorps en Rímini e foi responsable de sete divisións subordinadas da Wehrmacht. Foi preso o 24 de abril de 1945 polo exército estadounidense. Despois da súa liberación, foi sometido á desnazificación en 1946 e, tras pasar un tempo en dous campos, foi liberado o 17 de maio de 1947.

Carreira civil[editar | editar a fonte]

Estudou finanzas - que comezara en Karlsruhe –, administración de empresas e dereito constitucional en Hamburgo. A súa tese de doutoramento Die Prinzipien der Arbeitsvorbereitung im Industriebetrieb ("Os principios da preparación do traballo nas empresas industriais") foi cualificada cum laude.

Servizo na Bundeswehr[editar | editar a fonte]

Karl Schnell en 1976 con Walter Scheel

En setembro de 1956 comezou o seu servizo na Bundeswehr e converteuse en oficial asistente responsable da loxística no exército de campaña. Desde febreiro de 1959 foi empregado como agregado do exército na embaixada alemá en Roma e xefe de persoal do agregado militar. De volta na RFA, Schnell fíxose cargo das actividades como coronel do Estado Maior e despois subcomandante da 2. División Panzergrenadier en Marburg. O xefe do Heer entón, Alfred Zerbel nomeouno director de loxística e Xeneral de brigada. En setembro de 1965 e o sucesor de Zerbel, Josef Moll, confioulle a fusión do exército de campaña e da defensa territorial. En novembro de 1968 tomou o mando da 6ª División de Panzergrenadier en Neumünster, seguido do seu primeiro destino na OTAN como Xefe de Persoal Adxunto de Planificación e Operacións. Schnell foi ascendido a Generalleutnant e ía substituír a Ernst Ferber, pero o Ministro de Defensa deulle o cargo de Adxunto Inspector Xeral da Bundeswehr, responsable do equipamento das Forzas Armadas. O 1 de outubro de 1975, Karl Schnell asumiu o cargo de Comandante en xefe das Forzas Aliadas de Europa Central (CINCENT) da OTAN, en substitución do seu predecesor, o xeneral Ferber.[2]

Secretario de Estado[editar | editar a fonte]

O ministro de Defensa Georg Leber decidiu que Schnell sucedese ao Secretario de Estado de Armamento Siegfried Mann. A pesar das discusións e obxeccións, o ministro impúxose e o 11 de xaneiro de 1977 Schnell asumiu o cargo de Secretario de Defensa. A raíz das disputas da política de defensa, houbo un cambio de ministro de Defensa. O seguinte ministro, Hans Apel, non tiña unha boa relación con Schnell e levouno a retirarse do servizo activo en 1980.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Era fillo dun profesor de primaria. Casou con Gisela Witte. Despois da súa xubilación retirouse a Baden-Baden e dedicouse á historia militar, á arqueoloxía e á fotografía; escribiu libros sobre a batalla de Wörth de 1870.

Honras[editar | editar a fonte]

  • Cruz de Ferro clase II
  • 1972: Gran Cruz do Mérito con Estrela da RFA
  • 1979: Gran Cruz do Mérito con Estrela e Cinta da RFA

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ángel, Ronald (2022-06-23). "OTAN y sus vínculos con el nazismo". El Ciudadano (en castelán). Consultado o 2022-08-10. 
  2. "Ernst Ferber. Tutte le informazioni su Ernst Ferber aggiornate 2022". sapientiait.com (en italiano). Consultado o 2022-08-10. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Clemens Range: Die Generale und Admirale der Bundeswehr. Mittler & Sohn, Herford/Bonn 1990, ISBN 3-8132-0350-6.

Ligazóns web[editar | editar a fonte]