Juan Nicasio Gallego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Nicasio Gallego
Nacemento14 de decembro de 1777
Lugar de nacementoZamora
Falecemento9 de xaneiro de 1853
Lugar de falecementoMadrid
Soterradocemiterio de San Xusto
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de Salamanca
OcupaciónSacerdote, poeta
editar datos en Wikidata ]

Juan Nicasio Gallego Fernández, nado en Zamora o 14 de decembro de 1777 e finado en Madrid o 9 de xaneiro de 1853, foi un poeta español da Ilustración. Tivo grande importancia na transición do Neoclasicismo ao Romanticismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Era o primoxénito de Felipe Gallego e Francisca Hernández del Crespo, de orixe fidalga; os seus contemporáneos descríbeno como alto e corpulento, asmático, cordial e bondadoso, enxeñoso, falador e, en ocasións, irónico.

Formación[editar | editar a fonte]

Tivo unha formación clásica en latín e humanidades con bos profesores dende o principio, como Manuel Peláez, profesor dos Reales Estudios de Zamora. Posteriormente estudou na Universidade de Salamanca e cunha bolsa na Universidade de Osma, para finalmente doutorarse en Filosofía e Dereito Civil e Canónico (1800).

Vida relixiosa, política e literaria[editar | editar a fonte]

En 1804 foi ordenado sacerdote e en maio de 1805 opúxose con éxito a unha capelanía real en Madrid; en outubro Carlos IV distinguiuno co nomeamento de director espiritual dos paxes do Palacio Real; para entón comezou a publicar os seus poemas no Memorial Literario. En Madrid estableceu unha grande amizade con Meléndez Valdés e outros xenios prerrománticos: Nicasio Álvarez de Cienfuegos e Manuel José Quintana. No histórico día do 2 de Maio, Nicasio Gallego dedicouse á súa Capellanía en Palacio, e escribiu a súa oda, Influencia do entusiasmo público nas artes.

Juan Nicasio Gallego Fernández retratado en Poetas Contemporáneos de Antonio María Esquivel 1846 - Museo do Prado, Madrid

Trasladouse a Sevilla e despois a Cádiz; recibiu entón algunhas gratificacións, como a de racioneiro da catedral de Murcia, e foi nomeado deputado constituínte (como procurador adxunto) por Zamora e traballou na comisión encargada de clasificar os informes relacionados coa convocatoria das Cortes de Cádiz, para o que fora nomeado e na elaboración do proxecto de lei de liberdade de prensa. Alí viviu unha febril actividade, integrando oito comisións e intervindo na discusión de 71 cuestións, até o regreso do rei Fernando VII, que o perseguiu por liberal; estivo por iso ano e medio preso e pasou catro anos recluído; primeiro, na Cartuja de Xerez ; A súa saúde afectada, foi trasladado, a petición propia, ao Mosteiro da Luz de Moguer e de alí ao Convento de Loreto en Sevilla. Tras a escritura de Rafael del Riego foi posto en liberdade en 1820 .

Foi arcediácono de Valencia e cóengo de Sevilla, traduciu Los novios de Alessandro Manzoni e cultivou a crítica literaria. Tamén ocupou os cargos de xuíz eclesiástico e foi nomeado senador vitalicio (1845-1852), académico da Lingua[1] e académico de Belas Artes en San Fernando.

Domingo del Monte fixo unha edición dos seus Versos (Filadelfia: Imprenta del Mensagero, 1829) que incluía sonetos, dúas elexías, entre elas "Al 2 de mayo", dúas traducións do falso bardo celta Ossián (en realidade James Macpherson; o ossianismo influíu tamén no Rexurdimento galego, en especial en Pondal e Cabanillas[2][3]), e a súa traxedia en verso Óscar.

Pasamento[editar | editar a fonte]

Morreu en Madrid en 1852, como consecuencia dunha caída que sufrira o ano anterior.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Juan Nicasio Gallego". Real Academia Española (en castelán). Consultado o 2022-07-31. 
  2. SÁNCHEZ-BRUNETE, XERARDO MUÑOZ (1976). "OS TEMAS OSSIÁNICOS NA POESÍA DE RAMÓN CABANILLAS". Grial 14 (54): 451–464. ISSN 0017-4181. 
  3. "Literatura gallega: Eduardo Pondal (1) – Blog Cultureduca educativa" (en castelán). Consultado o 2022-07-31. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]