Jostein Gaarder
Jostein Gaarder | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 8 de agosto de 1952 |
Lugar de nacemento | Oslo |
Nacionalidade | Noruega |
Relixión | cristianismo |
Alma máter | Universidade de Oslo e Oslo Cathedral School |
Ocupación | autor, mestre, novelista, filósofo, escritor de literatura infantil e guionista |
Nai | Inger Margrethe Gaarder |
Irmáns | Helge Gaarder |
Coñecido por | O Dia do Curinga e O Mundo de Sofia |
Premios | Comendador da Ordem de Santo Olavo, Prémio Bokhandler, Peer Gynt Literary Award, Prémio de Literatura da Associação de Bibliotecários Escolares da Noruega, Brage Prize honorary award, sen etiquetar e Riksmålsforbundets barne- og ungdomsbokpris |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jostein Gaarder, nado o 8 de agosto de 1952 en Oslo, é un escritor noruegués autor de obras pertencentes á literatura infantil e xuvenil[1]. Acadou un grande éxito internacional coa obra Sofies verden (O mundo de Sofía), que vendeu 30 millóns de exemplares e foi traducido a cincuenta e tres idiomas [2] .
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo dun director de escola e dunha mestra (asemade escritora de literatura infantil), cursou na Universidade de Oslo os estudos de Filoloxía Escandinava e Historia das Ideas e da Relixión. Ao comezo dos anos 80 trasladouse a Bergen, onde foi profesor de Filosofía nun instituto ata os anos 90, momento no que abandonou a súa actividade docente [1].
Publicou a súa primeira obra, un libro de relatos, en 1986, pero non foi ata 1991 cando publicou Sofies verden. A obra, que xurdira coma unha tentativa de resumir a historia da filosofía e que era considerada polo autor coma un libro para lectores especializados, converteuse nun best-séller e chegou a ser a novela máis vendida do mundo en 1995 [2]. En 1997, en honor ao éxito da novela, creou o Sophie Prize (Premio Sofía) destinado a axudar economicamente calquera tipo de iniciativa relacionada coa preservación do medio ambiente [3].
No tocante ao seu estilo, Jostein Gaarder constrúe as súas obras tentando cuestionar o mundo que o rodea. Acotío emprega a metaficción, desenvolvendo historias dentro doutras historias [4].
Obra[editar | editar a fonte]
- Diagnosen og andre noveller (O diagnóstico e outras historias), 1986
- Barna fra Sukhavati (Os nenos de Sukhavati), 1987
- Froskeslottet (O castelo das ras), 1988
- Kabalmysteriet (O misterio do solitario), 1990
- Sofies verden. Roman om filosofiens historie (O mundo de Sofía. Unha novela sobre a historia da filosofía), 1991
- Julemysteriet (O misterio de Nadal), 1992
- Bibbi Bokkens magiske bibliotek (A biblioteca máxica de Bibbi Bokkens), 1993
- I et speil, i en gåte (O enigma no espello), 1993
- Hallo? Er det noen her? (Ola? Hai alguén aí?), 1996
- Vita brevis (Vida breve), 1996
- Maya (Maya), 1996
- Sirkusdirektørens datter (A filla do director de circo), 2001
- Appelsinpiken (A rapaza das laranxas), 2003
- Sjakk Matt (Xaque mate), 2006
- De gule dvergene (Os ananos amarelos), 2006
- Slottet i Pyreneene (O castelo nos Pireneos), 2008
- Det spørs, 2012
- A Terra de Anna (Anna. En fabel om klodens klima og miljø), 2017[5].
- Anton og Jonatan, 2014
- Dukkeføreren, 2016
Premios [6][editar | editar a fonte]
- Deutscher Jugendliteraturpreis" (1994), pola obra Sofies verden
- Premio La Vanguardia (1995), pola obra Sofies verden
- Buxtehude Bulle (1996), pola obra I et speil, i en gåte
- Premio Arcebispo Xoán de San Clemente (1996), pola obra Sofies verden
- Willy Brandt Prize (2004)
- The Royal Norwegian Order of St. Olav (2005)
- Honorary degree at Trinity College (2005)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Información sobre o autor en www.alohacriticon.com (en castelán)
- ↑ 2,0 2,1 "Información sobre o autor en www.aschehougagency.no". aschehougagency.no. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2010. Consultado o 23 de xullo de 2009.
- ↑ Páxina oficial "The Sophie Foundation" (en inglés)
- ↑ Ficha sobre o autor en www.goodreads.com (en inglés)
- ↑ tradución galega a cargo de David A. Álvarez Martínez, publicada en 2017 por Faktoría K de Kalandraka.
- ↑ "Información en www.aschehougagency.no" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de setembro de 2011. Consultado o 03 de agosto de 2009.