José Suárez Miramontes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pepiño
Información persoal
Nome José Suárez Miramontes
Nacemento 15 de decembro de 1928
Lugar de nacemento A Coruña
Falecemento 8 de maio de 2003
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1944–1945 Xuvenil
1945–1948 Deportivo da Coruña 7 (0)
1948–1949 Real Murcia 1 (0)
1949–1950 Xuvenil
1950–1953 Alcoyano 71 (0)
1953–1955 Celta de Vigo 0 (0)
1953Xuvenil (cedido)
1955–1956 Xuvenil
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

José Suárez Miramontes, coñecido como Pepiño, nado na Coruña o 15 de decembro de 1924 e finado na mesma cidade o 8 de maio de 2003, foi un futbolista galego.

Era irmán do Balón de Ouro Luis Suárez, e de Agustín Suárez, tamén futbolista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras xogar no Xuvenil, en 1945 fichou xunto a Reboredo polo Deportivo da Coruña, que militaba na Segunda División.[1] Debutou nun derbi amigable contra o Celta de Vigo, mentres que o seu primeiro partido oficial xogouno contra o Xerez. O adestrador Hilario aliñouno só oito veces durante esa tempada, na que o equipo coruñés logrou o ascenso á Primeira División. Continuou no Deportivo dúas tempadas máis, pero ao non contar con minutos actuou á súa vez no Xuvenil, formando no medio do campo con Maristany e Longueira.[2]

En 1948 fichou polo Murcia, da Segunda División, co que disputou só un partido, unha derrota por 8-0 contra o Málaga, antes de regresar en setembro de 1949 ao Xuvenil.[3]

Militou unha tempada no equipo de Rodrigo e en agosto de 1950 asinou contrato co Alcoyano, que militaba na Primeira División.[4] Acompañou na defensa a Cata e Sáenz e foi o futbolista que contou con máis minutos esa tempada no equipo de José Espada, disputando 29 partidos. Con todo, non puido evitar o descenso do club á Segunda División. Xogou dúas tempadas máis no club de Alcoi, e disputou a fase de ascenso de 1952, sen éxito.

No verán de 1953 fichou polo Celta de Vigo, no que a competencia de xogadores como Lolín ou Pepe Villar, impediulle debutar en partido oficial, chegando a xogar só un encontro amigable. Xogou cedido algún partido no Xuvenil e en 1955 fichou de novo por este, despois de deixar o equipo vigués.[5] Xogou no equipo branquiazul ata 1956.

Faleceu o 8 de maio de 2003 no Hospital Juan Canalejo da Coruña, aos 78 anos de idade.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Reboredo y Pepiño firmaron ayer". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de setembro de 1945. p. 2. 
  2. "Pepiño jugó en el Juvenil". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de maio de 1970. p. 17. 
  3. "Arsenal-Rayo y D. Juvenil-At. Zamora". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de setembro de 1949. p. 7. 
  4. "Pepiño firmó por el Alcoyano". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de agosto de 1950. p. 3. 
  5. "Pepiño Suárez reaparece en La Coruña en las filas blanquiazules, confiando en el triunfo de su equipo". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de decembro de 1955. p. 7. 
  6. "Luis Suárez asistió alentierro de su hermano Pepiño". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de maio de 2003. p. 43. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]