José Manuel González Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Manuel González Álvarez
Nacemento22 de setembro de 1952
 Bande
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e médico
FillosManuel González Sanchidrián
editar datos en Wikidata ]

José Manuel González Álvarez, nado o 22 de setembro de 1952 en Bande, é un médico e político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e ao terminar a carreira exerceu como médico en Lugo e Vilagarcía de Arousa

Fixo un mestrado en Administración Sanitaria e cando o Goberno central transferiu o SERGAS, o conselleiro Manuel Montero Gómez designouno subdirector xeral de Atención Especializada. Era o ano 1990 e comenzaba para González unha carreira de fondo na Administración. No ano 1991 foi designado xerente do Hospital do Meixoeiro de Vigo. José Manuel Romay Beccaría mantívoo ao fronte do hospital, onde permaneceu ate 1996. Dous años despois houbo alí seis mortos por aspergillus. González foi imputado no caso, acusado polos familiares das vítimas. O fiscal non formulou cargos. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acordou anos máis tarde arquivar as dilixencias abertas contra el.[Cómpre referencia]

A xestión de José Manuel González ao fronte do Meixoeiro foi ben valorada polos sucesivos responsables de Sanidade, e asumiu despois a xerencia do Xeral-Cíes de Vigo, de onde pasou á dirección do Sergas en Pontevedra en xaneiro de 2002. En abril de 2003 foi chamado por Alberto Núñez Feijóo para facerse cargo da dirección provincial de Política Territorial.

Tralas eleccións autonómicas de 2005, cando comezaron a gobernar PSOE e BNG, marchouse á Comunidade de Madrid onde foi Director xerente da Fundación Hospital Alcorcón. Nomeado en 2009 xerente do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP).

É pai de Manuel González Sanchidrián.


Predecesor:
José María Hernández Cochón
 Escudo de Galicia.svg
Conselleiro de Sanidade
 
2004 - 2005
Sucesor:
María José Rubio

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]