Manuel González Sanchidrián

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel González Sanchidrián
Nacemento1979
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
PaiJosé Manuel González Álvarez
editar datos en Wikidata ]

Manuel González Sanchidrián, nado en Santiago de Compostela en 1979, é un político galego ligado ao PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Arquitecto pola Universidade da Coruña e especializado en urbanismo, ten traballado en estudos de arquitectura na empresa privada en Santiago. Tamén colaborou na publicación “Inventariado da Arquitectura Galega” editada pola Universidade da Coruña. Actualmente é presidente da Asociación Cultural de Iniciativas Xuvenís e Estudiantís Albedrío con sede en Pontevedra.

Afiliado a Novas Xeracións dende o 2004, pertence á xunta local de Novas Xeracións de Pontevedra dende o 2005, e no último congreso local foi nomeado coordinador. É Secretario Xeral de Novas Xeracións de Galicia, membro da Xunta Directiva Nacional de Novas Xeracións, membro do Comité Executivo Rexional do PPdeG, membro do Comité Executivo Provincial do PP de Pontevedra, e membro do Comité Rexional de Dereitos e Garantías.