José Domingo Duquesne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Domingo Duquesne
Jose Domingo Duquesne.svg
Nacemento23 de febreiro de 1748
 Bogotá
Falecemento30 de agosto de 1822
NacionalidadeColombia
Ocupacióncientífico da relixión
editar datos en Wikidata ]

José Domingo Duquesne, nado en Bogotá o 23 de febreiro de 1748 e finado ibídem o 30 de agosto de 1822, foi un crego, teólogo, científico e escritor colombiano. Sendo políglota, Duquesne falaba castelán, francés, latín, grego antigo, italiano e chibcha.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

José Domingo Duquesne naceu en Bogotá, a capital do Vicerreinado de Nova Granada. Os seus pais eran o francés Juan Francisco Duquesne, orixinario de Montpellier, e Clara Ignacia de la Madrid, de Bogotá.[1] Asistiu ó Colexio Maior e Seminario de San Bartolomeu graduándose en 1774 en lei canónica e teoloxía. Durante as súas disertacións de filosofía Duquesne tratou das ciencias naturais.[1]

Dende 1775 até 1795 Duquesne foi asignado ás vilas indíxenas de Lenguazaque e Gachancipá e estudou o muysccubun, a lingua dos muiscas. Este foi o primeiro estudo dunha lingua case extinta daquela por mor da prohibición das autoridades do Imperio Españoñ en 1577 e o peche da derradeira escola bilingüe en 1638.[1] Despois de dez anos de servizo en Lenguazaque, o 13 de xullo de 1785 Duquesne estivo traballando na parroquia da igrexa de Gachancipá.[2][3]

En 1795 Duquesne publicou a súa obra Disertación sobre el calendario de los muyscas, indios naturales de este Nuevo Reino de Granada. Neste traballo trata o complexo calendario muisca de tipo lunisolar. José Celestino Mutis entregou o traballo de Duquesne ó famoso científico natural Alexander von Humboldt que visitou os territorios colombianos en 1801.[1]

Despois da publicación da súa obra sobre o calendario muisca, os numerais muiscas e a gramática da lingua chibcha, Duquesne foi nomeado cóengo da catedral de Bogotá por Carlos IV, o rei de España en 1800. De volta na capital tomou os seus coñecementos sobre a linguaxe e o calendario muiscas xunto cunha interpretación da até entón sen descifrar Ælia Lælia Crispis.[1]

Duquesne retitouse en 1819 e morreu o 30 de agosto de 1822.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]