José Costa Figueiras
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de abril de 1880 Pantón, España |
Morte | 5 de xuño de 1955 (75 anos) Chantada, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
José Costa Figueiras, nado en Toiriz (Pantón) o 4 de abril de 1880 e finado en Chantada o 5 de xuño de 1955, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou o bacharelato en Ourense e comezou a súa carreira xornalística nos periódicos lugueses El Regional e La Idea Moderna e en Heraldo de Lemos de Monforte de Lemos; tamén colaborou en Las Riberas. Trasladouse a Barcelona en 1903 e alí colaborou na prensa, foi correspondente do madrileño Diario Universal dende 1906 e redactor da Enciclopedia Ilustrada impresa pola Editorial Seguí. Regresou a Chantada en 1908 e fundou o semanario Faro-Miño, que deixou de publicarse a finais dese ano. Emigrou á Arxentina en 1910 e en Buenos Aires traballou na oficina recadadora de impostos, na redacción do diario La Argentina e comezou o seu labor literario. Alí fundou e dirixiu a revista Rojo y Gualda, dirixiu o boletín do Centro Gallego e foi presidente fundador da Asociación de Chantada y su Partido (1916)[1]. Regresou a España en 1917, traballando no xornal madrileño El Fígaro e colaborou en Vida Gallega. En 1920 fundou e dirixiu en Chantada El Regionalista. Na ditadura de Primo de Rivera foi oficial do concello de Carballedo[2] e secretario do concello de Monterroso en 1926[3]. Destinado durante algún tempo na Delegación de Traballo de Lugo, en 1947 pasou á Sección de Estudos e Publicacións do Ministerio en Madrid, cargo no que se xubilou en 1950. Neste ano regresou á súa residencia de Chantada, onde faleceu.
Foi pai do tamén xornalista e escritor Xavier Costa Clavell.
Obras[editar | editar a fonte]
- La risa de Dios, 1913.
- España en ultramar: La sugestión de América (1919) e Las fraguas de la fortuna (1920).
- En tierras del Plata, 1921.
- Los agros de Sureda, 1926.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Norte de Galicia, 22-3-1916, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 26-3-1924, p. 6.
- ↑ El Regional, 24-4-1926, p. 3.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Rodríguez Porto, Ramón; Sánchez Moure, Ánxel (1988). Chantada na súa prensa (1908-1931). Lugo: Deputación Provincial. p. 113. ISBN 84-86824-51-6.
- "Los muebles de la Pompadur están en Chantada y son propiedad del escritor Costa Figueiras", Entrevista en La Noche, 28-10-1950, p. 6.