Saltar ao contido

El Regionalista (Chantada)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Regionalista
 Instancia de
 Título
El Regionalista (es) Editar o valor en Wikidata
Características
 Lingua
Datas
 Data de comezo
xaneiro de 1923 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
1 de xaneiro de 1924 Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
xaneiro de 1923 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Enciclopedia Galega Universal: 176710
Wikidata

El Regionalista foi un periódico editado en Chantada entre 1923 e 1924.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Apareceu en xaneiro de 1923 como continuación da liña política de Leonardo Rodríguez.[1][2][3] Subtitulado Semanario de Chantada, Revista quincenal chantadina (a partir do número 36) e Revista mensual chantadina, variacións segundo a súa periodicidade, estaba dirixido por José Costa Figueiras e contiña novas políticas, actualidade e temas de interese local e galego. Ocupábase tamén da emigración, a literatura galega e a exaltación dos galegos ilustres, especialmente dos políticos máis preocupados por Galicia como Basilio Álvarez, Gerardo Doval, Leonardo Rodríguez ou Pere Garcia Fària. Entre os seus colaboradores figuraban Ramón Fernández Mato, Antonio Vázquez Campo, José María Cibeira e Xavier Bóveda. Cesou a súa publicación o 1 de xaneiro de 1924, co número 43.

  1. El Progreso, 5-1-1923, p. 2.
  2. El Correo Gallego, 7-1-1923, p. 2.
  3. La Región, 9-1-1923, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]