Saltar ao contido

Miguel Patiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Miguel Patiño Vázquez»)
Modelo:BiografíaMiguel Patiño
Biografía
Nacemento(es) Miguel Patiño Vázquez Editar o valor en Wikidata
1933 Editar o valor en Wikidata
Morte18 de marzo de 2022 Editar o valor en Wikidata (88/89 anos)
Presedo, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Abegondo
1966 – 1991 – José Antonio Santiso Miramontes → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoUnión de Centro Democrático
Partido dos Socialistas de Galicia Editar o valor en Wikidata

Miguel Patiño Vázquez, nado en 1933 e finado en Presedo (Abegondo) o 18 de marzo de 2022, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi nomeado alcalde de Abegondo en 1966. Encabezou a candidatura da UCD nas eleccións municipais de 1979 e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1983 encabezou a formación independente Agrupación de Vecinos e foi reelixido de novo alcalde por maioría simple. Nas municipais de 1987 encabezou a CPG e logrou ser reelixido con maioría simple, sumando un concelleiro máis que como independente, logrando 6. Foi un dos alcaldes da CPG que respaldaron o apoio de 3 dos seus deputados á moción de censura na Deputación da Coruña contra José Manuel Romay Beccaría que fixo presidente ó socialista Salvador Fernández Moreda.

Desta forma, encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE nas municipais de 1991, logrando de novo 6 concelleiros e máis votos que á fronte da CPG. Porén, perdeu a alcaldía ó unirse o resto de partidos en torno ó único concelleiro independente de UMI José Antonio Santiso Miramontes, que foi elixido alcalde.[1] En xuño de 1992 apoiou unha moción de censura presentada polo edil do CDS Tomás Regueiro Cacheiro, o cal se converteu no novo alcalde.

En xaneiro de 1995, un edil socialista apoiou unha nova moción de censura que lle devolveu a alcaldía a Santiso Miramontes, o cal se integrara no PPdeG. Nas municipais de 1995, encabezou de novo a candidatura socialista pero foi amplamente derrotado polo PPdeG de Santiso, que logrou a maioría absoluta. Desta forma, retirouse da primeira liña política nese mandato. Finou en Abegondo o 18 de marzo de 2022 aos 88 anos.


Predecesor:
Andrés Veiras Rivas
 
Alcalde de Abegondo
 
1966 - 1991
Sucesor:
José Antonio Santiso Miramontes

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Avelina Barros Concheiro.

  1. La Voz de Galicia, 16-6-1991, p. 45.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]