Julio Sacristán
(2012) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de outubro de 1953 Cogeces del Monte, España |
| Morte | 22 de xullo de 2025 Culleredo, España |
| Causa da morte | cancro de pulmón |
| 23 de maio de 1983 – 26 de outubro de 2017 (dimisión) – José Ramón Rioboo → | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Culleredo |
| Ocupación | político, mestre |
| Partido político | Partido Socialista Obreiro Español |
| Membro de | |
Julio Sacristán de Diego, nado en Cogeces del Monte (Valladolid) o 11 de outubro de 1953 e finado en Culleredo o 22 de xullo de 2025, foi un político galego do PSdeG-PSOE, alcalde de Culleredo durante máis de tres décadas.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Profesor na antiga Universidade Laboral Cruceiro Baleares, de Culleredo (1972-1985). Desenvolveu a actividade sindical en CCOO ata 1981. Foi presidente da Sociedade Cultural do Burgo (1976-1983). Ingresou no PSdeG-PSOE en 1982. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura do PSdeG á alcaldía de Culleredo e foi elixido alcalde con maioría simple. Foi reelixido con maioría absoluta en 1987, 1991, 1995, 1999 e 2003, perdendo a maioría absoluta en 2007 (tras sufrir unha escisión, APDC) e formando unha coalición co BNG que revalidou en 2011. En 2013 logrouse o reingreso de APDC no PSdeG, polo que os socialistas recuperaron a maioría absoluta no pleno e romperon o pacto co BNG. Foi elixido Secretario Provincial do PSdeG na Coruña tras gañalas primarias de novembro de 2014. No 2015 o PSdeG logrou un concelleiro máis, pero non conseguiu a maioría absoluta, ante o cal gobernou en minoría con apoios puntuais. O 26 de outubro de 2017 presentou a súa dimisión como alcalde e Secretario Provincial socialista por motivos persoais[2]. Tamén foi membro da Executiva da FEGAMP e presidente do Consorcio das Mariñas.[1]
| Predecesor: Domingo Sierra Marcuño |
Alcalde de Culleredo 23 de maio de 1983 - 26 de outubro de 2017 |
Sucesor: José Ramón Rioboo |
| Predecesor: Francisco Caamaño |
Secretario Provincial do PSdeG da Coruña 2014 - 2017 |
Sucesor: Valentín González Formoso |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gutiérrez, F. (2024). Culleredo, mi pasión.