Tomás Regueiro Cacheiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de marzo de 1943 (81 anos) Abegondo, España |
Alcalde de Abegondo | |
1992 – 1995 ← José Antonio Santiso Miramontes – José Antonio Santiso Miramontes → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Tomás Regueiro Cacheiro, nado en Abegondo o 19 de marzo de 1943[1], é un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi elixido único representante do CDS no concello de Abegondo nas eleccións municipais de 1991. En xuño de 1991 apoiou xunto co PP e a CNG a investidura como alcalde de José Antonio Santiso Miramontes, tamén único concelleiro dunha das forzas representadas no pleno, a UMI.
En xuño de 1992, Tomás Regueiro pasa a ser alcalde[2], tras prosperar unha moción de censura[3] contra José Antonio Santiso.
Permaneceu no posto até maio de 1995, ano no que deixou a alcaldía ao non superar unha moción de censura presentada na súa contra polo anterior alcalde José Antonio Santiso[3], agora integrado no PP, e apoiada por un concelleiro socialista[4].
Tomás Regueiro foi tamén Xuíz de Paz do concello[5] e presidente do club de fútbol San Tirso Sociedad Deportiva[1].
Predecesor: José Antonio Santiso Miramontes |
Alcalde de Abegondo 1992 - 1995 |
Sucesor: José Antonio Santiso Miramontes |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Hoy cumplen años Arquivado 09 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. www.elcorreogallego.es, 19/03/2015 (en castelán).
- ↑ Un conductor circuló 15 años con un permiso municipal. www.laopinioncoruna.es, 22/08/2008 (en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Santiso Miramontes, nuevo alcalde de Abegondo al prosperar la moción de censura Arquivado 14 de xullo de 2015 en Wayback Machine.. www.elcorreogallego.es, 20/04/2009 (en castelán).
- ↑ APdA sospecha que Santiso tiene un pacto encubierto con el PSOE. www.elidealgallego.com, 19/12/2011 (en castelán).
- ↑ La elección del juez de paz divide al gobierno de Abegondo Arquivado 06/07/2015, en Wayback Machine.. www.lavozdegalicia.es, 08/03/2007 (en castelán).