Juan José Rocha
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1961 (62/63 anos) Abegondo, España |
Alcalde de Abegondo | |
2004 – 2009 ← José Antonio Santiso Miramontes – José Antonio Santiso Miramontes → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Juan José Rocha Carro, nado en Abegondo no ano 1961, é un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Entrou na corporación de Abegondo como concelleiro do PPdeG nas eleccións municipais de 1999, que lle deron a alcaldía a José Antonio Santiso Miramontes. En 2004, e logo de revalidar os populares a maioría absoluta nas autonómicas de 2001, Santiso Miramontes cedeulle a Alcaldía para ser Conselleiro de Agricultura no goberno de Manuel Fraga. Nas municipais de 2007 Rocha liderou a Agrupación Progresista de Abegondo cando a volta de Santiso Miramontes lle impediu presentarse como cabeza de lista do PPdeG. Co apoio de dous concelleiros do BNG e dun socialista conseguiu manter a Alcaldía desbancando ao PPdeG. En abril de 2009, Santiso Miramontes volve ocupar a alcaldía de Abegondo mediante unha moción de censura realizada co apoio do concelleiro Manuel Eladio, do PSdeG-PSOE. Rocha volveu presentarse á alcaldía por última vez en 2011 encabezando a lista de Agrupación Progresistas de Abegondo, e obtendo tres concelleiros.
Predecesor: José Antonio Santiso Miramontes |
Alcalde de Abegondo 2004 - 2009 |
Sucesor: José Antonio Santiso Miramontes |