Federación Española de Municipios e Provincias
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) é unha asociación española de entidades locais que agrupa concellos, Deputacións provinciais e a deputación foral de Áraba, Consells Insulars e Cabidos insulares.
Constitución
[editar | editar a fonte]Ficou constituída ó amparo do disposto na Disposición Adicional Quinta da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e foi declarada como Asociación de Utilidade Pública mediante acordo de Consello de Ministros o 26 de xuño de 1985.
Sede
[editar | editar a fonte]Constitúe a sección española do Consello de Municipios e Rexións de Europa (CMRE), e é a sede oficial da Organización Iberoamericana de Cooperación Intermunicipal (OICI).
A súa sede oficial atópase en Madrid.
Consello Federal da FEMP
[editar | editar a fonte]A composición de membros do Consello Federal da FEMP, consultada a comezos do 2015, é a seguinte:[1]
- Presidente: Abel Caballero, alcalde de Vigo.
- Vicepresidente Primeiro: Cuca Gamarra, alcaldesa de Logroño.
- Vicepresidente Segundo: Aníbal José Vázquez Fernández, alcalde de Mieres, Asturias.
Vogais:
- Carlos Martínez Mínguez, alcalde de Soria
- Mariví Monteserín, alcaldesa de Avilés
- Antonio Rodríguez Osuna, alcalde de Mérida
- Gabriel Cruz, alcalde de Huelva
- María Concepción Brito Núñez, alcaldesa de Candelaria, Santa Cruz de Tenerife
- Mikel Serrano Aperribay, alcalde Zumarraga, Guipúscoa.
- Pilar Zamora, alcaldesa de Cidade Real
- Juan Jesús Ros Piles, alcalde de Torrente (Valencia)
- Javier García Ibáñez, alcalde de Arnedo (A Rioxa)
- Xavier Amor Martín, alcalde de Pineda de Mar, Barcelona
- Mercè Conesa Pagès, presidenta Deputación de Barcelona
- Gema Igual Ortiz, alcaldesa de Santander
- José Ballesta Germán, alcalde de Murcia
- Antonio Román Jasanada, alcalde de Guadalajara
- José Manuel Baltar Blanco, presidente da Deputación de Ourense
- Francisco Vázquez Requero, presidente da Deputación de Segovia
- Elías Bendodo Benasayag, presidente da Deputación de Málaga
- Javier Moliner Gargallo, presidente da Deputación de Castellón
- Francisco Javier Fragoso Martínez, alcalde de Badaxoz
- David Pérez García, alcalde de Alcorcón, Comunidade de Madrid
- Emma Buj Sánchez, alcaldesa de Teruel
Presidencia
[editar | editar a fonte]Dous alcaldes galegos do PSOE presidiron a FEMP en distintos momentos ao longo da súa historia: Francisco Vázquez, daquela alcalde da Coruña, presidiuna entre 1991 e 1995 e de novo entre 2003 e 2006; Abel Caballero, na altura alcalde de Vigo, presidiuna entre 2015 e 2023. Na actualidade (setembro de 2023) está pendente de escolla o novo presidente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ FEMP. "Composición actual de la junta de gobierno" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de febreiro de 2015. Consultado o 08 de marzo de 2015.