Agrupación Progresista de Abegondo
Agrupación Progresista de Abegondo | |
---|---|
Partido político de Abegondo | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Juan José Rocha Carro |
Historia | |
Fundación | 2007 |
Representación | |
Concelleiros no 2007 | 4 / 13 |
Concelleiros no 2011 | 1 / 13 |
Outros datos | |
Na rede | |
http://apdabegondo.blogspot.com.es/ | |
A Agrupación Progresista de Abegondo (APdeA) é un partido político de ámbito municipal de Abegondo rexistrado o 7 de marzo de 2007[1], creado polo entón alcalde Juan José Rocha Carro e outros concelleiros do PP en Abegondo.
Orixe
[editar | editar a fonte]A orixe do partido está na disputa entre Rocha e José Antonio Santiso Miramontes para encabezar a lista do PP á alcaldía de Abegondo nas eleccións municipais de 2007. José Antonio Santiso fora reelixido alcalde de Abegondo tras gañar as eleccións anteriores. Juan José Rocha sucedeuno no 2004 á fronte da alcaldía ao ser Santiso nomeado Conselleiro de Agricultura na Xunta.
No 2007, ao ser Santiso designado cabeza de lista do PP á alcaldía de Abegondo[2], Rocha e outros concelleiros do PP deciden presentarse ás eleccións creando unha candidatura independente, a da APdeA[3].
Resultados electorais
[editar | editar a fonte]Nas eleccións municipais de 2007, APdeA foi tras o PP a segunda forza máis votada en Abegondo, con 1005 votos (o 29,78%), e catro concelleiros, o que lle permitiu a Juan José Rocha continuar como alcalde mediante un pacto[4] entre APdeA, BNG e PSdeG-PSOE. En 2009, Rocha perde a alcaldía, e a APdeA pasa á oposición, tras non superar unha moción de censura do PP[5] apoiada polo edil do PSdeG-PSOE[6].
Nas eleccións municipais de 2011 vólvese a presentar Rocha como cabeza de lista da APdeA, sendo neste caso a cuarta forza máis votada, con 316 votos (o 8,60%), e un concelleiro.
Nas eleccións municipais do ano 2015 APdeA non presentou candidatura.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Rexistro de partidos do Ministerio do Interior". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2017. Consultado o 06 de xullo de 2015.
- ↑ El alcalde de Abegondo deja el PP al ser impuesto Santiso como candidato Arquivado 07/07/2015, en Wayback Machine.. www.lavozdegalicia.es, 05/03/2007 (en castelán).
- ↑ A Agrupación Progresista de Abegondo oficializou a súa candidatura ás eleccións de maio. http://apdabegondo.blogspot.com.es, 19/04/2007.
- ↑ APdeA, BNG y PSOE firman un pacto para gobernar en Abegondo Arquivado 06 de xullo de 2015 en Wayback Machine.. www.lavozdegalicia.es, 15/06/2007 (en castelán).
- ↑ Santiso Miramontes, nuevo alcalde de Abegondo al prosperar la moción de censura Arquivado 14 de xullo de 2015 en Wayback Machine.. www.elcorreogallego.es, 20/04/2009 (en castelán).
- ↑ APdA sospecha que Santiso tiene un pacto encubierto con el PSOE. www.elidealgallego.com, 19/12/2011 (en castelán).