John Searle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Searle
John Searle speaking at Google 1.jpg
Nacemento31 de xullo de 1932
Lugar de nacementoDenver
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixiónateísmo
Alma máterChrist Church College, Universidade de Wisconsin-Madison e Shorewood High School
Ocupaciónfilósofo, profesor universitario, investigador da intelixencia artificial e lingüista
Coñecido porSala chinesa
PremiosBolsa de estudos Guggenheim, Medalha Nacional de Humanidades, Albertus-Magnus professorate, Prêmio Jean Nicod, Jovellanos International Essay Award, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences e Bolsa de Estudos Rhodes
Na rede
http://ist-socrates.berkeley.edu/~jsearle/
IMDB: nm1790698 TED: john_searle Dialnet: 266445 Editar o valor em Wikidata
John Searle Signature.png
editar datos en Wikidata ]

John Rogers Searle, nado en Denver o 31 de xullo de 1932, é un filósofo norteamericano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa educación universitaria na Universidade de Wisconsin-Madison e posteriormente obtivo un diploma de graduación e un doutoramento en filosofía e ética na Universidade de Oxford. Comezou a ensinar en Berkeley en 1959, onde foi o primeiro profesor titular en participar no movemento estudantil a prol da liberdade de expresión na universidade. Searle recibiu no ano 2000 o Premio Jean Nicod, que é un premio concedido anualmente en París, para un filósofo líder na área de Filosofía da Mente ou filosoficamente orientado a ciencia cognitiva. Obtivo títulos honoris causa da Universidade de Adelphi (1993), da Universidade de Wisconsin (1994), Universidade de Turín (2000), Universidade de Bucarest (2000) e a Universidade da Suíza Italiana (2003).

Pensamento[editar | editar a fonte]

Seguindo aos seus mestres Austin e Peter Strawson, sostén que os enunciados non son soamente verificativos; para el dicir é facer. O mero dicir forma parte do ámbito da acción humana. O exemplo da promesa é o máis claro.

Falar unha linguaxe é tomar parte nunha forma de conduta rexida por regras. Aprendelo é dominar esas regras. Estas poden ser regulativas dunha actividade preexistente ou constitutivas cando a actividade depende loxicamente delas.

A unidade básica ou mínima da comunicación xa non é o símbolo, a palabra ou a oración senón os actos da fala. Incluso nos enunciados de aparencia descritiva incorporan un facer: o acto de afirmar e informar. A un locutor en primeira persoa lle corresponde un interlocutor en segunda persoa, destinatario da mensaxe.

A razón non é un mero dispositivo mecánico, nin a conduta humana está determinada como efecto dalgunhas premisas. Existe unha creba entre os condicionantes da acción e a acción mesma.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Speech Acts: An Essay in the Philosophy of Language (1969)
  • Expression and Meaning: Studies in the Theory of Speech Acts (essay collection; 1979)
  • Intentionality: An Essay in the Philosophy of Mind (1983)
  • Minds, Brains and Science: The 1984 Reith Lectures (lecture collection; 1984)
  • The Rediscovery of the Mind (1992)
  • The Mystery of Consciousness (review collection; 1997)
  • Mind, Language and Society: Philosophy in the Real World (summary of earlier work; 1998)
  • Consciousness and Language (essay collection; 2002)
  • Freedom and Neurobiology (lecture collection; 2004)