Saltar ao contido

Jesús Muruais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJesús Muruais

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalJesús Muruais Rodríguez
Biografía
Nacemento23 de decembro de 1852 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xullo de 1903 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Santo Amaro de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalFilosofía e Letras
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado
Influencias en
Familia
CónxuxeCarmen Carrillo Falcón [1] Editar o valor en Wikidata
FillosAndrés, Jesús e Soledad Editar o valor en Wikidata
IrmánsAndrés Muruais Editar o valor en Wikidata
Sinatura

Galiciana: 105788 BNE: XX1044668

Jesús Muruais Rodríguez, nado en Pontevedra o 24 de decembro de 1852 e finado na mesma cidade o 1 de xullo de 1903, foi un avogado, escritor, xornalista e crítico literario galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan Muruais, pontevedrés, e Soledad Rodríguez, do Carril, Jesús foi o segundo de tres irmáns. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade Central en 1875. Foi catedrático de instituto en Cáceres, Ourense e Pontevedra, onde ensinou latín. Co seu irmán Andrés frecuentou as reunións da sociedade La Galicia Literaria, que tiñan lugar en Madrid en 1875, na casa da poetisa Emilia Calé. Destacou polo seu labor de crítico literario, sobre todo pola polémica que mantivo con Leopoldo Alas, Clarín. Colaborou en El Deber, El Porvenir, La Ilustración Gallega y Asturiana, El Independiente, El Heraldo Gallego, El Lérez, El Zorongo, El Eco de Orense, O Tio Marcos d'a Portela, Revista Contemporánea, El Heraldo, Galicia Moderna e Barcelona Cómica. Foi propietario dunha gran biblioteca e no seu domicilio celebrábanse parladoiros literarios aos que asistían Ramón María del Valle-Inclán, Víctor Said Armesto e Xerardo Álvarez Limeses.

O personaxe de Jesús Muruais aparece na novela La saga/fuga de J. B. (1972), de Gonzalo Torrente Ballester.

  • Cuentos soporíferos, 1874.[2]
  • Semblanzas galicianas, 1876.
  • Semblanzas galicianas, nueva edición, aumentada con una segunda serie, 1884.[3]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Carrillo Falcón-Ribadeneira e foi pai de Andrés, Jesús e Soledad Muruais Carrillo.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

* Exposición Rexional de 1880

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]