El Lérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

El Lérez foi un xornal editado en Pontevedra entre 1879 e 1881.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Diario de intereses generales, apareceu o 4 de setembro de 1879. Ata o número 39 (20 de outubro) editábase na imprenta de J. A. Antúnez. A partir desa data saíu da imprenta de Andrés Landín, que pasou a ser o seu director, cambiando o subtítulo por Diario de intereses generales, noticias y anuncios, responsabilizándose das subscricións de El Diario de Pontevedra. Presentábase como diario independente, non insería editoriais nin artigos de fondo. Entre os seus colaboradores figuraron Andrés Muruais e Jesús Muruais. Cesou a súa publicación en 1881.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.