Revista Contemporánea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Revista Contemporánea
PaísEspaña
Lugar de publicaciónMadrid
Lingualingua castelá
Fundación15 de decembro de 1875
FundadorJosé del Perojo
Primeira edición15 de decembro de 1875
Última ediciónxuño de 1907
Circulación
ISSN0213-8654
OCLC1763872
Na rede
HemBNE: 0002283020 HemBNE: 2222225 BVPH: 4343
editar datos en Wikidata ]

Revista Contemporánea foi unha revista cultural publicada en Madrid entre 1875 e 1907, fundada por José del Perojo[1][2] e valorada por algúns autores como a máis importante do derradeiro cuarto do século XIX.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Editada en Madrid, o seu primeiro número apareceu o 15 de decembro de 1875;[4] publicouse até o 15 de xuño de 1907[5][6][7] e mantivo unha periodicidade quincenal e mensual. Contou con seccións como: "Crónica política", "Revista Extranjera" ou "Boletín Bibliográfico". Nas súas páxinas presentáronse artigos referidos a Rosalía de Castro ou o rexionalismo galego.[5]

Inspirada polo seu fundador, José del Perojo, nos seus inicios adoptou un enfoque europerísta e liberal e serviu como vehículo introdutor de ideas neokantianas e positivistas en España[8][9] e, nela, sostivo duras polémicas cos neocatólicos como Menéndez Pelayo sobre a ciencia española.[3]

Con todo, tras dificultades económicas, a revista foi traspasada en 1879 a un novo propietario, José de Cárdenas Uriarte, que modificou a liña editorial notablemente[4] cara a posturas próximas ao canovismo conservador.[5] Foron directores da publicación, ademais de Del Perojo e Cárdenas, Rafael Álvarez Sereix e Francisco de Asís Pacheco.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mejías Alonso e Arias Coello (1998), pp. 245
  2. Dorca (1996), pp. 79-100
  3. 3,0 3,1 Jiménez García (1994), p. 275
  4. 4,0 4,1 Asún (1988), p. 81
  5. 5,0 5,1 5,2 Camoira (2020), p.19
  6. Bataillon (1950), p. 410
  7. Cobos Castro (1987-1988), pp. 105-110
  8. Núñez Encabo (1999), p. 58
  9. Mejías Alonso e Arias Coello (1998), pp. 245-246
  10. Mora (2014), p. 131

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]