Jean Pecquet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jean Pecquet
Jean Pecquet (1622-1674).png
Experimenta nova Anatomica, 1651
Datos persoais
Nacemento9 de maio de 1622
LugarDieppe Flag of France.svg Francia
Falecemento26 de febreiro de 1674
(51 anos)
LugarParís Flag of France.svg Francia
ResidenciaDieppe, Rouen, París e Montpellier (Francia)
NacionalidadeFrancés
Actividade
CampoMedicina
Contribucións e premios
Coñecido porDescrición do funcionamento do sistema linfático humano. Cisterna de Pecquet
PremiosMembro da Academia das Ciencias de Francia
editar datos en Wikidata ]

Jean Pecquet, nado en Dieppe o 9 de maio de 1622 e finado en París o 26 de febreiro de 1674[1], foi un médico e científico francés, especializado en anatomía e pioneiro da fisioloxía. Estudou tamén a expansión do aire, interesouse pola visión e escribiu diversos traballos que se anticiparon á moderna psicoloxía.

O seu nome asóciase habitualmente á descrición do conduto torácico e á coñecida como cisterna de Pecquet, reservorio do quilo ou quilocisto[2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de estudar na súa localidade natal e a continuación en Ruán, Jean Pecquet marchou a París para traballar en 1641. En 1645 matriculouse na facultade de Artes e tomou contacto con diversos intelectuais da época, como Marin Mersenne ou Evangelista Torricelli, de quen continuará os seus experimentos sobre a acústica, a gravidade e o baleiro.

En 1647 comezou as súas primeiras experiencias de disección de animais, ás veces en público, entanto que traballaba como profesor particular. En 1651 publicou o seu traballo máis salientable sobre anatomía e comezou os seus estudos de medicina en París, formación que rematará en Montpellier, localidade á que se traslada en 1652.

En Montpellier fixo as súas descubertas máis significativas sobre a circulación linfática, especialmente as relativas ao receptaculum chyli ou cisterna de Pecquet. Thomas Bartholin atopará no corpo humano o conduto torácico pero non a cisterna, e confirmará as experiencias de Pecquet.[3]

Foi designado membro da Academia de Ciencias en 1666.

Coñécese tamén por ter feito diseccións do ollo e medicións das súas dimensións. En contraste coa Edme Mariotte, el pensaba que era a retina e non a coroide o principal órgano da visión.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Experimenta nova anatomica, quibus incognitum hactenus chyli receptaculum, et ab eo por thoracem en ramos usque subclavios vasa lactea deteguntur. Ejusdem Dissertatio anatomica de circulatione sanguinis et chyli motu. Accedunt clarissimorum virorum perelegantes ad authorem epistolae, apud S. G. et Cramoisy. París, 1651. Dispoñible en Gallica, da Biblioteca Nacional de Francia]
  • De Circulatione Sanguinis et Chyli Motu, 1653.
  • De Thoracicis Lacteis, 1653.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Biografía de Jean Pecquet, en www.biusante.parisdescartes.fr/ (en francés).
  2. Ver a entrada "quilocisto". No Dicionario de Termos Médicos da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. 2002.
  3. Historia del sistema linfático. Na web Ganglioslinfaticos.com.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "Jean Pecquet". En Le progrès médical", 1926. Páxinas 39 e 40. Texto íntegro dispoñible].
  • "Tricentenaire de Pecquet". En Les amys du Vieux-Dieppe. 1922. Números 1 e 2. Fascículo XIII. Dieppe, 1922.
  • Yves Bentata. Un médecin anatomiste du XXVIIe siècle. París, 1932.
  • A. Delmas. "Pecquet". En Les médicins célèbres. Xenebra, 1947.
  • Bertrand Lalardie. Jean Pecquet. Tese de doutoramento en Medicina. Universidade Pierre e Marie Curie. París, 1984. Resumo e conclusión dispoñibles en liña].

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]