Conduto torácico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O conduto torácico e o conduto linfático dereito.

O conduto torácico é o maior vaso linfático humano, que atravesa o tórax pola parte máis posterior.

A linfa é un líquido abrancazado ou rosado, con elevados niveis de triglicérdidos.

Descrición[editar | editar a fonte]

O conduto torácico entra no mediastino superior á esquerda da liña media, e desprázase cara ela ao longo do seu percorrido. Pasa por detrás do arco aórtico e da arteria subclavia esquerda, entre o esófago e a pleura parietal. Orixínase no abdome, coma unha confluencia de diversos vasos linfáticos. Á altura da segunda vértebra lumbar xa está constituído o conduto. Remata no tronco xugular esquerdo, que drena o sangue procedente do lado esquerdo de cabeza e pescozo.

O conduto porta contido linfático procedente dos troncos linfáticos abdominais, dos troncos linfáticos dos espazos intercostais inferiores, os troncos linfáticos intercostais superiores, os troncos mediastínicos posteriores e os troncos linfáticos diafragmáticos posteriores.

A rotura do conduto, xeralmente por traumatismo, produce a saída ao tórax de linfa (o que se denomina quilotórax). En roturas completas pode xerar perdas proteínicas moi elevadas, que fan preciso administrar albumina intravenosa. O peche da rotura adoita requirir peche cirúrxico e a inxección de colorante para atopar a apertura.