Camille Corot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Jean-Baptiste Camille Corot»)
Infotaula de personaCamille Corot

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Jean-Baptiste Camille Corot Editar o valor em Wikidata
16 de xullo de 1796 Editar o valor em Wikidata
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte22 de febreiro de 1875 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteCancro de estómago Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 24
Grave of Corot (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónLycée Pierre-Corneille (en) Traducir (1807–1812)
Académie Suisse (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Bélxica
Ámsterdam
Roma
Dordrecht
Rotterdam
A Haia
Nápoles
París
Barbizon
Trouville-sur-Mer
Dieppe
Honfleur
Londres Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , debuxante , gravador , fotógrafo , debuxante arquitectónico Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoArte de paisaxes, alegoria (pt) Traducir, arte sacra, arte de xénero, Pintura de historia, arte marinha (pt) Traducir, nudez na arte e retrato Editar o valor em Wikidata
MovementoPintura do realismo (pt) Traducir e École de Barbizon Editar o valor em Wikidata
Catálogo críticoA. Robaut, L'oeuvre de Corot (en) Traducir (1905) Editar o valor em Wikidata
ProfesoresAchille Etna Michallon (pt) Traducir e Jean-Victor Bertin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosBerthe Morisot, Charles Le Roux (pt) Traducir, Victor Vignon (pt) Traducir, August Paul Charles Anastasi, Louis-Augustin Auguin (pt) Traducir, Louis Aimé Japy (pt) Traducir, Marcellin de Groiseilliez (pt) Traducir, Léopold Desbrosses (pt) Traducir e Antoine Chintreuil (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 148cdc5f-2538-46cf-b5b7-f40183ec06d9 Discogs: 2243505 Find a Grave: 5653 Editar o valor em Wikidata

Jean-Baptiste Camille Corot, nado o 17 de xullo 1796 en París e morto o 22 de febreiro 1875 en Ville-d'Avray (Francia), foi un pintor francés da escola de Barbizon e tivo influencia nos impresionistas.

Biografía[editar | editar a fonte]

Estudou pintura con Victor Bertin, un mestre da paisaxe clásica. De 1825 a 1828 completou a súa formación en Italia, deténdose especialmente en Roma. De volta a Francia percorreu varios lugares de Normandía e da Borgoña. Volveu a Italia dúas veces e visitou Suíza, Holanda e Inglaterra.

Na primeira estancia na Italia, Corot executou ao ar libre esbozos ao óleo, notábeis pola espontaneidade, polo colorido luminoso e pola composición despoxada do rigor neoclásico, como as teas "Vista do Fórum" e "O Coliseu". Eses dous traballos resumen a arte neoclásica de Corot, marcada polo coidado coa construción lóxica dos planos e co ritmo equilibrado dos volumes e dos espazos, e a luminosidade que para sobre as ruínas.

Na mesma época, as pinturas feitas no seu taller son convencionais e de tons sombríos. Mais, ao chegar a 1830, Corot abraza completamente as paisaxes máis claras, especialmente escenas da foresta de Fontainebleau.

Jean-Baptiste Camille Corot por Nadar.

Na segunda fase italiana, pintou paisaxes de composición máis requintada e de colorido máis denso que as da fase inicial, fixando a rexión da Toscana en teas austeras, e Venecia e a rexión dos lagos en paisaxes cheas de bruma.

A partir de 1840 a reputación de Corot comezou a se afirmar, e pasou a recibir encargos oficiais, ata que súa obra foi aceptada e eloxiada pola crítica.

O método dun mestre[editar | editar a fonte]

Durante a primavera e o verán Corot facía esbozos, verdadeiros rexistros de impresións paisaxísticas que perseguía incansabelmente. No inverno, transcribía eses esbozos en composicións coidadosas, incorporando figuras bíblicas ou mitolóxicas. Eses traballos granxeáronlle distincións oficiais nos salóns de 1833, 1846, 1848 e 1855, o que consagrou a súa arte.

A década de 1845-1855 marca unha transición na súa pintura. Desa época datan algúns dos seus máis belos traballos, como "Rochelle, entrada do porto" e "Lembranza de Mortefontaine", que marca o apoxeo desa fase, na cal a paisaxe parece cuberta dun veo diáfano, tendo os vexetais un brillo de perla que dá a impresión de humidade e transparencia.

Mais Corot tamén foi un hábil retratista, principalmente de meniños. Esas obras, aínda que non foron apreciadas polos seus contemporáneos, hoxe están consideradas como importantes producións.

Até a fin da vida, Corot produciu gran cantidade de paisaxes poéticas, para atender a crecente demanda do público. Ao mesmo tempo, pintaba paisaxes de composición máis clara e colorido máis rico, que lembraban a súa fase inicial, como o estudo "Catedral de Sens", pintado pouco antes da súa morte.

Nas paisaxes clásicas, Corot adoitaba usar laca amarela. Outro trazo particular da súa obra é o tratamento opaco da pintura, nunha mestura uniforme de branco. Nos esbozos, a pasta é abundante, con vigorosas pinceladas.

Subestimado no inicio do século XX, Corot é considerado, actualmente, un dos mestres do século XIX. A súa obra, impregnada de romanticismo, influíu nos impresionistas. Alén dos cadros ao óleo, produciu deseños a lapis e pluma.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]