Colin Kaepernick

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaColin Kaepernick

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de novembro de 1987 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Milwaukee, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónProtestantismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity of Nevada, Reno (en) Traducir - administración de empresas (–2010)
John H. Pitman High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura196 cm Editar o valor em Wikidata
Peso106 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de fútbol americano Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
DeporteFútbol americano Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoQuarterback (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Número deportivo7 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- San Francisco 49ers
- Nevada Wolf Pack football (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webkaepernick7.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm4212829 Facebook: kaepernick7 Twitter: Kaepernick7 Instagram: kaepernick7 Editar o valor em Wikidata
Kaepernick xogando cos San Francisco 49rs.

Colin Rand Kaepernick, máis coñecido como Colin Kaepernick, nado o 3 de novembro de 1987, é un xogador profesional de fútbol americano na posición o cargo de quarterback, axente libre da National Football League (NFL) e activista polos dereitos humanos e contra a segregación racial.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kaepernick é fillo de Heidi Russo, que tiña 19 anos cando o deu a luz. O seu pai biolóxico, afroamericano, desapareceu antes de nacer.[1] Russo deu o seu fillo en adopción a Rick e Teresa Kaepernick, unha parella "branca" que tiña dous fillos (Kyle e Devon) e quería un neno despois de perder outros dous por unha enfermidade cardíaca conxénita.[1] Kaepernick converteuse no menor de tres irmáns. Viviu en Fond du Lac, Wisconsin, até os catro anos, e foi ao instituto en Turlock, California.[2] [3]

Carreira[editar | editar a fonte]

Na adolescencia destacou como xogador de béisbol, e tivo ofertas para xogar nas grandes ligas, tal como el mesmo relata na miniserie biográfica Colin in Black & White, emitida en Netflix desde 2021, pero rexeitounas para xogar ao fútbol americano.[4]

San Francisco 49ers[editar | editar a fonte]

O 29 de abril de 2011, os 49ers de San Francisco cambiaron cos Denver Broncos décimo terceiros na segunda rolda (escolla 45) para seleccionar a Kaepernick como a cuarta elección na segunda rolda (escollida 36) no 2011. Os Broncos recibiron as seleccións 45, 108 e 141, a cambio da selección número 36.

Super Bowl[editar | editar a fonte]

Cos 49ers, Kaepernick gañou 2 títulos de división, 1 campionato da NFC e xogou na Super Bowl XLVII, onde perderon ante os Baltimore Ravens por 34-31, no que tivo un touchdown de 15 iardas.

Récords da NFL[editar | editar a fonte]

  • O touchdown por carreira máis longo dun quarterback nun Super Bowl: 15 yardas (Super Bowl XLVII vs. Baltimore Ravens)[5]
  • Máis yardas terrestres por un mariscal de campo (quarterback) nun xogo: 181 yardas (Playoffs vs. Green Bay Packers)

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Kaepernick é cristián, bautizado no rito metodista, con confirmación luterana, e asistiu a unha igrexa bautista durante os seus anos universitarios.[6] Desde xullo de 2015 saíu coa presentadora Nessa Diab, oficializando a relación en febreiro de 2016. A parella tivo o seu primeiro fillo en 2022.[7]

Segue unha dieta vegana desde finais de 2015.[8]

En 2016, fíxose famoso por axeonllarse durante a interpretación do himno estadounidense nun partido oficial da liga, en protesta pola violencia contra a poboación negra. O feito foi criticado varias veces por Donald Trump.[9] Pouco antes, participou en Know Your Rights Camp, unha campaña dirixida á mocidade co propósito de aumentar a conciencia sobre a educación superior, a alfabetización financeira e como interactuar coas forzas da orde. A declaración de dereitos é unha adaptación do Programa de 10 puntos do Black Panther Party. A consecuencia diso, ficou sen equipo para xogar na NFL desde 2017.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Rick Reilly: Kaepernick's birth mom yearns for contact". ESPN.com (en inglés). 2013-01-30. Consultado o 2023-09-03. 
  2. Himmelsbach, Adam (2010-08-28). "Not a Household Name, Not Even in Nevada". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-09-03. 
  3. "Adelson: Nevada's Kaepernick a humble star". ESPN.com (en inglés). 2010-10-03. Consultado o 2023-09-03. 
  4. "Colin in Black & White". 2021-10-29. Consultado o 2023-09-03. 
  5. "Records set / tied in Super Bowl XLVII". FOX Sports (en inglés). Consultado o 2023-09-03. 
  6. "Kaepernick-sparks-tattoo-controversy". sfgate.com (en inglés). 30 de novembre de 2012. 
  7. Truffaut-Wong, Olivia (2022-08-29). "Colin Kaepernick and Nessa Diab Welcome Their First Child". The Cut (en inglés). Consultado o 2023-09-03. 
  8. "Kaepernick: Weight loss not due to vegan diet". NBC Sports Bay Area & California (en inglés). 2016-08-30. Consultado o 2023-09-03. 
  9. "¿Qué ha pasado con Colin Kaepernick, el jugador que originó las protestas durante el himno de EE.UU. y fue centro de la polémica con Donald Trump?". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 2023-09-03. 
  10. "He-took-a-knee-on-the-field-in-protest-now-he-has-no-team". npr.org (en inglés). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]