Saltar ao contido

James Stewart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJames Stewart

(1948) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) James Maitland Stewart Editar o valor en Wikidata
20 de maio de 1908 Editar o valor en Wikidata
Indiana, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte2 de xullo de 1997 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Beverly Hills, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio
parada cardiorrespiratoria
embolia pulmonar
trombose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor en Wikidata
RelixiónPresbiterianismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónPrinceton University School of Architecture (en) Traducir - arquitectura (1928–1932)
Mercersburg Academy (en) Traducir (–1928) Editar o valor en Wikidata
Altura191 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónoficial, actor de dobraxe, poeta, director de cinema, actor, escritor, actor de teatro, guionista, aviador, militar, actor de cinema, director de televisión, realizador Editar o valor en Wikidata
Período de tempoSéculo XX Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1935 Editar o valor en Wikidata - 1991 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoWestern Editar o valor en Wikidata
RepresentanteMusic Corporation of America, Inc. Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarForza Aérea dos Estados Unidos de América, Corpo Aéreo do Exército dos Estados Unidos (pt) Traducir, Air Force Reserve Command (en) Traducir e Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos Editar o valor en Wikidata
Rango militarxeneral de brigada Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial
Guerra do Vietnam Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeGloria Hatrick McLean (1949–1994), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
PaisAlexander Maitland Stewart Editar o valor en Wikidata  e Elizabeth Ruth Stewart Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000071 Allocine: 457 Rottentomatoes: celebrity/james_stewart_2 Allmovie: p68236 78233 TV.com: people/james-stewart-1 IBDB: 61114
BNE: XX1060008 Musicbrainz: 50337821-531b-4604-8c9e-f4da2e9ab892 Songkick: 15403 Discogs: 1117367 WikiTree: Stewart-10798 Find a Grave: 1816 Editar o valor en Wikidata

James Maitland "Jimmy" Stewart, nado en Vinnegar Hill (Indiana, Pensilvania) o 20 de maio de 1908 e finado en Beverly Hills, no condado dos Ánxeles (California) o 2 de xullo 1997, foi un actor de cine, teatro e televisión estadounidense gañador do Premio Óscar ó mellor actor, famoso pola súa particular personalidade diante da pantalla. Durante o transcurso da súa carreira actuou en varias películas consideradas clásicos e foi nomeado cinco veces ao Premio Óscar, gañando unha vez en competencia e recibindo un pola súa traxectoria. Tamén tivo unha notable carreira militar alcanzando o grao de Brigadier Xeral na Forza Aérea dos Estados Unidos de América.

Comezou estudando a carreira de arquitecto antes de ser atraído polo teatro na Universidade de Princeton. Os seus primeiros éxitos viñeron como actor no teatro de Broadway, antes de realizar o seu debut en Hollywood en 1935. A carreira de Stewart chegou a ter gran recoñecemento, logo da boa acollida recibida pola súa participación nas películas do director Frank Capra, incluíndo o seu rol que o nomeou ao Premio da Academia en Mr. Smith Goes to Washington. A través das súas sete décadas en Hollywood, (comezou en 1935 e retirouse en 1991) Stewart cultivou unha carreira versátil e recoñecida no cine con clásicos tales como The Philadelphia Story, Harvey, Que fermoso é vivir, A ventá indiscreta, Rope, e Vertixe. É o actor máis representativo da lista de AFI's 100 Years... 100 Movies (10th Anniversary Edition). Desde 2007, 10 das súas películas foron incluídas no United States National Filme Registry.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse academicamente na Mercershurg Academy de Pensilvania. Estudou arquitectura na universidade de Princeton onde se graduou en 1932. Stewart dedicouse ó teatro ata 1935, ano no que debutou no cinema. Participou na segunda guerra mundial, o que lle valeu para consagrarse como símbolo patriótico. Traballou cos directores máis importantes e abordou diversos xéneros. En 1949 casou por primeira e única vez con Gloria Hatrick McLean coa que tivo catro fillos.

Dos máis de oitenta filmes nos que interveu cómpre destacar:

En 1985 foille outorgado un Oscar especial pola súa carreira cinematográfica.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]