Vertixe (filme)
| Vertixe | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Epónimo
| |||||||||
|
Parte de
| |||||||||
|
Lingua orixinal
| |||||||||
|
Cor
| |||||||||
|
Formato de imaxe
| |||||||||
| Autoría | |||||||||
|
Director/a
| |||||||||
|
Compositor/a
| |||||||||
|
Director/a fotografía
| |||||||||
|
Editor/a de cine
| |||||||||
|
Deseñador/a produción
| |||||||||
|
Deseñador/a vestiario
| |||||||||
|
Actores
| |||||||||
| Temática | |||||||||
|
Tema principal
| |||||||||
|
Ambientado en
| |||||||||
|
Baseado en
| |||||||||
|
Obra derivada
| |||||||||
| Publicación | |||||||||
|
Produtor/a
| |||||||||
|
Produtor/a executivo
| |||||||||
|
Compañía produtora
| |||||||||
|
Distribuidor/a
| |||||||||
|
Recadación
| |||||||||
|
Custo
| |||||||||
|
Formato de distribución
| |||||||||
|
Puntuación da crítica
100/100 Metacritic (16 de xuño de 2025)
93% Rotten Tomatoes (29 de novembro de 2022) 8.8/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) | |||||||||
|
Nomeamentos
Óscar ó mellor deseño de produción (23 de febreiro de 1959) Óscar ó mellor son (23 de febreiro de 1959) | |||||||||
| Datas | |||||||||
| |||||||||
| Dimensión | |||||||||
| |||||||||
| Localización | |||||||||
| |||||||||
| Identificadores | |||||||||
| |||||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
Vertixe (en inglés: Vertigo) é un filme estadounidense dirixido e producido por Alfred Hitchcock que se estreou en 1958. Baséase na novela de 1954 D'entre les morts, escrita por Boileau-Narcejac. O guión é obra de Alec Coppel e Samuel A. Taylor. Está protagonizado por James Stewart como o detective John "Scottie" Ferguson, que foi retirado forzosamente debido á súa vertixe clínica. Scottie é contratado como invesatigador privado para seguir a unha muller, Madeleine Elster (Kim Novak) que se comporta dun xeito peculiar.
O filme foi rodado en San Francisco, California, e nos Paramount Studios de Hollywood. Popularizou o travelling compensado, un efecto da cámara que distorsiona a perspectiva para crear desorientación, para simular a acrofobia de Scottie. Como resultado do seu uso no filme, o efecto é referido a miúdo como "o efectoVertigo".
Vertixe recibiu críticas dispares na súa estrea, pero hoxe é considerado unha das obras clásicas da filmografía de Hitchcock e un dos traballos definitorios da súa carreira. No ano 2012, substituíu a Cidadán Kane (1941) como o mellor filme xamais feito na clasificación do Instituto Británico de Cine.[1] En 1996, o filme pasou por unha gran restauración para crear unha versión de 70mm e sistema de son DTS. Apareceu en numerosas ocasións entre os mellores filmes segundo o American Film Institute.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Scottie Fergusson (James Stewart) é un detective da policía de San Francisco que padece de vertixe. Cando un compañeiro cae ó baleiro dende unha cornixa mentres perseguen a un delincuente, Scottie decide retirarse. Gavin Elster (Tom Helmore), un vello amigo do colexio, contrátao para que vixíe á súa esposa Madeleine (Kim Novak), unha fermosa muller que está obsesionada co seu pasado.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- James Stewart como John "Scottie" Ferguson
- Kim Novak como Judy Barton/posing as Madeleine Elster
- Barbara Bel Geddes como Midge Wood
- Tom Helmore como Gavin Elster
- Henry Jones como Coronel
- Ellen Corby como Propietaria do hotel
- Konstantin Shayne como Pop Leibel
- Raymond Bailey como Doutor de Scottie
- Lee Patrick a condutora confundida con Madeleine (Judy)
- Margaret Brayton como vendedora de Ransohoff
- Fred Graham como Compañeiro policía de Scottie
- Alfred Hitchcock fai un cameo camiñando na rúa e carregando un maletín de trompeta
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 1958: 2 nomeamentos ó Oscar: Mellor dirección artística e son.
- 1958: Festival de Cine de San Sebastián: Mellor director e actor.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BBC News, ed. (2 de agosto de 2012). "Vertigo is named 'greatest film of all time'". Consultado o 18 de agosto de 2012.
- ↑ American Film Institute (ed.). "AFI's 10 Top 10". Consultado o 21 de febreiro de 2012.