Issac Delgado
Aparencia
| Nome orixinal | Issac Felipe Delgado Ramírez |
|---|---|
| Biografía | |
| Nacemento | 11 de setembro de 1962 |
| Outros nomes | Issac Delgado |
| Actividade | |
| Ocupación | cantante |
| Instrumento | Voz |
| Premios | |
| Sitio web | issacdelgado.com |
Issac Felipe Delgado Ramírez, coñecido como Issac Delgado, nado na Habana o 11 de setembro de 1962, é un cantante de salsa de Cuba.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1983 comezou a súa carreira profesional chegando a ser un dos membros da Orquestra de Pancho Alonso. Empezou a viaxar polo mundo coa orquestra e gravou o seu primeiro disco compacto. En 1987 converteuse no vocalista de "Galaxia" e gravou o seu segundo CD. Un ano despois lidera o grupo "NG La Banda" como vocalista. Con este grupo consegue unha gran fama. Con esta banda gravou tres CD e foi galardoado co premio EGREM 1990-1991.
O seu último álbum foi lanzado en maio de 2007. Agora vive en Tampa, Florida.