Ismael Miranda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIsmael Miranda
Biografía
Nacemento20 de febreiro de 1950 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Aguada (Porto Rico), Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePorto Rico Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , cantante , compositor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoSalsa Editar o valor em Wikidata
TesituraTenor lírico (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoFania Records Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1747846 Musicbrainz: 08111ced-84f9-49bd-a6b4-0d920348f723 Songkick: 515721 Discogs: 162616 Allmusic: mn0000091879 Deezer: 93950 Genius: Ismael-miranda Editar o valor em Wikidata

Ismael Miranda, nado o 20 de febreiro de 1950 en Aguada, Porto Rico é un músico latino de salsa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros pasos[editar | editar a fonte]

Aos 11 anos fixo parte de grupos de vogalización chamados "The 4 J's" e "Little Jr. and the Class Mates". Participou con eles en diversas actividades, incluíndo unha das primeiras edicións do espectáculo celebradas a cargo do norteamericano Jerry Lewis. Interesouse xa dende os comezos polo xénero afro-antillano. Fixo parte do "Sexteto Pipo y su Combo" e do grupo "Andy Harlow y su Sexteto". Neste cantou e tocou conga. En 1967, fixo a súa primeira gravación discográfica con Joey Pastrana titulada "Let's Ball". Foi aquel o seu primeiro éxito radiofónico, con "Rumbón melón".

Canda Larry Harlow[editar | editar a fonte]

Tras o éxito das actuacións canda Andy Harlow, o irmán deste, Larry, decidiu recrutalo para a súa orquestra. Ismael Miranda iniciou o seu ciclo de gravacións co chamado "Judío maravilloso", do álbum "El Exigente". En 1968, Larry lanzou unha nova produción titulada "Orquesta Harlow presenta a Ismael Miranda". Os acertos repetíronse coas gravacións "Electric Harlow, "Tribute to Arsenio Rodríguez", "Harlow's Harem", "Abran paso" e "Oportunidad". Con Larry Harlow, Ismael adentrouse tamén no campo da composición, compartindo créditos con este nos temas "La Revolución", "Guasasa", "Arsenio", "El dique" e "Lamento cubano", entre outros.

A época con Fania All Stars[editar | editar a fonte]

Con 19 anos intégrase no grupo Fania All Stars, converténdose no cantante máis novo dos que compoñían este grupo, gañando o alcume de "El Niño bonito da Salsa". Era a época de apoxeo da música salsa e Ismael irrompeu con forza nas ondas en 1973, ao lanzar ao mercado a produción "Así se compone un son". Este disco, editado polo selo Fania, marcou o inicio do cantante coa súa propia agrupación, a Orquestra Revelación. Triunfaron na conca do Caribe e mais nos mercados latinos dos Estados Unidos e Europa. Posteriormente, triunfou con temas como "La cama vacía", "La copa rota", "Borinquen tiene montuno", "Como mi pueblo", "No me digan que es muy tarde" e "las cuarentas ", todas elas difundidos a esgalla nas emisoras radiofónicas.

Como compositor, destacar os éxitos "Señor sereno", "Abran paso", "Así se compone un son", "Lupe, Lupe" e "Pa' bravo yo", esta última popularizada polo cubano Justo Betancourt.

Década dos oitenta e comezos dos noventa[editar | editar a fonte]

Na década de 1980 gravou varias producións co seu selo discográfico independente. En 1986 a súa gravación "Versos de nuestra cultura", xunto ao cantautor José Nogueras, foi un dos grandes acertos da tempada do Nadal dese ano. En 1988 anunciou a súa intención de retirarse dos medios artísticos, malia que a idea non collería forma. Na década de 1990, Ismael gravou co seu propio selo discográfico, IM Records, e coa compañía RMM, en compaña de Andy Montáñez. Xuntos abordaron un proxecto discográfico de boleros de sona, que lle reportou certo éxito dentro de Porto Rico. Así mesmp, tamén gravou unha recompilación de versión salseiras das rancheras do mexicano José Alfredo Jiménez.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]